Julián Besteiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 112:
O mesmo 29 de marzo comezou o proceso contra Besteiro instruído polo xuíz militar [[Carlos de Sabater]].{{Sfn|Tébar Rubio-Manzanares|2013|pp=70-71}} O 12 de xuño foi trasladado á prisión Del Cisne a petición do seu [[avogado]]. Esta era un antigo [[convento]] reconvertido apresuradamente en establecemento penitenciario, mais as condicións hixiénicas eran mellores que en Porlier.{{Sfn|de Blas Zabaleta|de Blas Martín-Merás|2002|p=413}} O 8 de xullo Besteiro foi sometido a un [[consello de guerra]] baixo a acusación de "delito de adhesión á rebelión militar". O fiscal foi [[Felipe Acedo Colunga]], levando a acusación como un intento de "condena da revolución" personificada en Besteiro.{{Sfn|Tébar Rubio-Manzanares|2013|p=73}} Acedo fora alumno del, e describiuno como un "home honesto e inocente de calquera delito de sangue", "persoa honrada" e "simpático á multitude e a nós mesmos desde o punto de vista persoal".<ref name="Alcojor"/> Porén, solicitou a [[pena de morte]] para el polo "crime de promover un socialismo aceptable mediante a moderación",{{Sfnm|Preston|1999|1p=261|Preston|2014|2pp=312-313}} e por ter sido "nefasto, terriblemente nefasto, na política española".<ref name="Alcojor"/>
 
O seu avogado defensor foi o [[Carlismo|tradicionalista]] Ignacio Arenillas,<ref name="Alcojor"/> quen só aceptou o cargo cando Besteiro conseguiu convencelo de que nunca pertencera á [[masonaría]].<ref name="Ruiz2005">{{Cita libro|título=Franco's Justice: Repression in Madrid After the Spanish Civil War|nome=Julius|apelidos=Ruiz|editorial=[[Oxford University Press]]|ano=2005|url=https://books.google.es/books?id=sNk61qkjop0C|idioma=en|isbn=0-19-928183-1|pp=97-98}}</ref> Arenillas, ademais de resaltar as virtudes persoais de Besteiro, negou que existira causa para xulgalo e engadiu que non se lle estaba enxuizandoaxuizando polos seus actos, senón polas súas ideas.<ref name="Alcojor"/> O xuízo oral durou case cinco horas,<ref name="Ruiz2005"/>{{sfn|Tébar Rubio-Manzanares|2013|p=76}} e ó final do mesmo Besteiro empregou o seu dereito á último quenda de palabra para reafirmar as súas conviccións políticas, recalcando o seu tempo como militante e a súa participación na folga xeral de 1917. Estas palabras ían en contra da estratexia do seu avogado e prexudicaron a súa defensa.{{Sfn|de Blas Zabaleta|de Blas Martín-Merás|2002|p=421-424}}
 
O tribunal, presidido polo xeneral Manuel Nieves Coso e integrado por sete xenerais e xefes,{{Sfn|de Blas Zabaleta|de Blas Martín-Merás|2002|p=417}} condenouno a cadea perpetua por un delito de "rebelión militar",<ref name="Montoliu2005">{{Cita libro|título=Madrid en la posguerra, 1939-1946: los años de la represión|apelidos=Montoliú|nome=Pedro|editorial=Sílex Ediciones|ano=2005|url=https://books.google.es/books?id=He5mKh425wEC|isbn=84-7737-159-8|p=55|lingua=es}}</ref> pena que foi conmutada por unha condena de 30 anos de prisión,{{Sfn|de Blas Zabaleta|de Blas Martín-Merás|2002|p=425}}<ref>{{Cita publicación periódica|título=A los treinta y seis años de su muerte: Julián Besteiro será recordado en Carmona|apelidos=Burgos|nome=Antonio|ano=1976|data=25 de setembro de 1976|revista=[[Triunfo (España)|Triunfo]]|número=713|p=44|url=http://gredos.usal.es/jspui/bitstream/10366/65999/1/RTXXXI~N713~P44.pdf|lingua=es}}</ref><ref name="FG1976">{{Cita publicación periódica|título=Julián Besteiro. Ética y política|apelidos=Fernández García|nome=Eusebio|editorial=Edicusa|ano=1976|revista=Cuadernos para el diálogo|número=179|issn=0011-2534|url=http://orff.uc3m.es/bitstream/handle/10016/8264/julian_fernandez_CPED_1976.pdf|lingua=es}}</ref> quedando Besteiro incluído no sistema de revisións e indultos.<ref name="Alcojor"/>