Abades, Silleda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
aumentado desde as referencias achegadas
Liña 21:
A '''igrexa de Santa María de Abades''' é un templo románico do [[século XII]]. Destacan as pinturas murais do seu interior e a colección de [[canzorro]]s zoomorfos dun dos seus laterais exteriores<ref>{{Patrimonio Galego|11838|noa=1|Igrexa de Santa María de Abades}}</ref>. O '''santuario da Nosa Señora dos Desamparados''' é unha construción de grandes dimensións de estilo neoclásico, levantada no [[século XVIII]]. Foi deseñada polo pontevedrés [[Melchor de Ricoi]], e promovida polo párroco de Abades, o valenciano Joaquín Espes. Destaca pola súa gran torre, os tres corpos que a forman, as pinturas murais interiores realizadas por Jorge Calvo en [[1773]] e as imaxes de [[San Xoaquín]] e [[Xosé de Nazaret|San Xosé]], realizadas polo escultor Gambino<ref>{{Patrimonio Galego|9282|noa=1|Santuario da Virxe dos Desamparados}}</ref>.
 
No [[Antigo Réxime]] pertencía á xurisdición de Trasdeza e á [[provincia de Santiago]]. En 1826 tiña 243 habitantes<ref>{{Versaleta|[[Sebastián Miñano|Miñano Bedoya, S.]]}} (1826): ''[[Diccionario geográfico y estadístico de España y Portugal]]''. Madrid: tomo 1, páx. 1 ("ABADES").</ref>. Até 1853 pertencía ao [[concello de Chapa]], que nese ano mudou a súa capitalidade por Silleda. En 1846 tiña 376 habitantes<ref>{{Versaleta|[[Pascual Madoz|Madoz Ibáñez, P.]]1845|ABADES|I|33}} (1846): ''[[Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar]]''. Madrid: tomo 1, páx. 33 ("ABADES").</ref> e tiña escola de seu.
 
Desde 1988 celébrase cada [[domingo de Pascua]] a carón do santuario a [[festa gastronómica]] da [[rosquilla]], alimento que ten como avogada a [[Virxe do Carme]].