Grupo Nós: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 213.60.131.226 (conversa); cambiado á última versión feita por Banjo
Liña 9:
O primeiro número da revista ''Nós'' comeza coas "Primeiras verbas", un artigo colectivo onde se aprecian varios dos propósitos deste grupo xeracional: a chamada da terra ([[Galiza]]), a dignificación da cultura galega, o carácter universalista. Todos estes trazos estarán presentes nas obras destes escritores.
 
A peripecia ideolóxica dos homes do grupo Nós aparece excelentemente reflectida na novela de Ramón Otero Pedrayo ''[[Arredor de si]]'' ([[1930]]) e no ensaio de Vicente Risco ''[[Nós, os Inadaptadosinadaptados]]'' ([[1930]]). Os escritores deste grupo (agás Castelao) parten dunha total falta de apego polas súas raíces, derivado da busca do cosmopolitismo. Mais, conforme avanza o tempo, a partir de experiencias que funcionarán a modo de catarse, caerán na conta da importancia da cultura propia, posto que esta é a que distingue uns individuos dos outros (conciben o enxebrismo como o propio ser de Galiza). Por isto, chegarán á conclusión de que só se pode ser universal partindo do propio. Derivado disto, todos eles aceptarán o [[galeguismo (política)|galeguismo]] como doutrina ideolóxica.
 
Por outra parte, este grupo de autores presenta unha particular problemática no que á súa denominación respecta. En ''De Pondal a Novoneyra'' ([[1984]]), [[Xosé Luís Méndez Ferrín]] refírese a el como grupo xeracional. Tense falado de grupo Nós, xeración Nós e incluso [[Anxo Tarrío]] fala dunha época Nós.