ß: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Historia: Máis de en.wikipedia.org/wiki/ß
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
'''ß''', denominado '''''eszett''''' ou '''''scharfes S''''' (pronunciados {{AFI|['εstsεt]}} e {{AFI|[ʃarfəs εs]}}).<ref name="Esszett" >{{cita libro|nome=Karen|apelidos= Cheng|título=Designing Type|editorial=Laurence King Publishing|ano=2006|páxinas=232|isbn = 9781856694452}}</ref> é unha letra do [[alfabeto gótico]] incorporada ao [[alfabeto alemán]], de base [[lingua latina|latina]].<ref name="Esszett" /> É esteticamente semellante, maia non idéntica, á letra [[beta]] (Β, β) do [[alfabeto grego]], mais non debe ser confundida con ela, por representaren sons diferentes.<ref>{{cita libro|título=Deutsche Rechtschreibung: Regeln und Wörterverzeichnis ; amtliche Regelung|editorial=Gunter Narr Verlag|ano=2006|páxinas=287|isbn = 9783823362708}}</ref>
 
Representa o fonema [s] en [[lingua alemá|alemán]] estándar, especificamente cando segue a vogais longas e ditongos (''[[Leontopodium alpinum|edelweiß]]''). Despois de vogais curtas escríbese ''ss'' (''delicatessen''). O vocábulo ''eszett'' representa a pronuncia alemá das dúas letras S e Z.
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Sz modern.svg|miniatura|Distintos glifos do ''ß'']]
O ß orixinouse na [[ligadura (tipografía)|ligadura]] de dous eses consecutivos, un de grafía alta ('''[[S longo|ſ]]''') e outro normal ('''[[s]]'''), ou dun s longo e un z en forma [[alfabeto gótico|gótica]] (ʒ). Como non aparece nunca no comezo de palabra , o ß só existía en versión [[minúscula]]; en textos escritos exclusivamente en [[maiúscula]] adoitaba substituírse por dous eses, o mesmo que en todos aqueles caso en que o [[Carácter (tipo de dato)|carácter]] non estiver dispoñible nunha tipografía. En abril de 2008 introduciuse unha variante maiúscula no [[Unicode|Unicode versión 5.1]], con grafema '''ẞ'''.<ref>Cord Wischhöfer: ''Proposal to encode Latin Capital Letter Sharp S to the UCS''. ([http://www.dkuug.dk/jtc1/sc2/wg2/docs/n3227.pdf n3327.pdf]). [http://www.dkuug.dk/jtc1/sc2/wg2/docs/n3254.doc Resolutions of WG 2 meeting 50].[http://unicode.org/versions/Unicode5.1.0/#Tailored_Casing_Operations Unicode 5.1.0]</ref> O 29 de xuño de 2017, o [[Rat für deutsche Rechtschreibung]] (Consello para a ortografía do alemán, RDR) introduciu oficialmente a versión maiúscula da letra no alfabeto alemán.<ref>{{Cita web|access-date=29 de xuño de 2017|url=http://www.rechtschreibrat.com/DOX/rfdr_Regeln_2017.pdf|title=Deutsche Rechrtschreibung Regeln und Wörterverzeichnis: Aktualisierte Fassung des amtlichen Regelwerks entsprechend den Empfehlungen des Rats für deutsche Rechtschreibung 2016|at= §25, E3 |quote=E3: Bei Schreibung mit Großbuchstaben schreibt man SS. Daneben ist auch die Verwendung des Großbuchstabens ẞ möglich. Beispiel: Straße – STRASSE – STRAẞE.[When writing in all caps, one writes SS. It is also permitted to write ẞ. Example: Straße – STRASSE – STRAẞE.] }} </ref>
 
Tanto '''ß''' como ''ss'' pronúncianse semellantes ao [[fonema]] galego [s], sen vibración das cordas vocais, distinguíndose ambas da letra ''s'', usada para a consoante sonora. A única diferenza entre '''ß''' e '''ss''' é que a primeira se emprega para indicar que a vogal que a antecede é longa ou que é un [[ditongo]] (como en ''[[Leontopodium alpinum|edelweiß]]''), mentres que a outra vai só detrás de vogais curtas (como en ''delicatessen''); tamén se atopan non derivados destas palabras.
 
Antes da [[reforma da ortografía alemá de 1996]], o '''ß''' tamén se empregaba a final de palabra, aínda que fose precedido por unha vogal curta.