Julián Besteiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 118:
=== Presidio e morte ===
[[Ficheiro:Tumba de Julián Besteiro, cementerio civil de Madrid.jpg|miniatura|esquerda|Tumba de Julián Besteiro no cemiterio civil de Madrid.]]
Besteiro foi trasladado, previo paso pla prisión do [[Paseo de Eduardo Dato|paseo del Cisne]] de Madrid,<ref name="Montoliu2005"/> ó [[mosteiro]] [[Orde da Trapa|trapense]] de [[Mosterio de San Isidro de Dueñas|San Isidro de Dueñas]], na [[provincia de Palencia]].{{Sfn|Marichal|1988}}<ref name="Marichal1988"/> O mosteriro reconvertérase parcialmente en prisión destinada a un grupo de [[sacerdote]]s vascos e para o propio Besteiro.{{Sfn|de Blas Zabaleta|de Blas Martín-Merás|2002|p=428-430}} Nas decenas decenas de cartas que lle escribiu a súa esposa, nas que nunca manifestou rencor nin arrepentimento, explicaba que lle trataban ben e que "destináronme a unha habitación nunha parte nova, sinxela, limpa, chea de sol".{{Sfn|<ref name="Alcojor|2006}}"/> Porén, ó pouco tempo os propios monxes do mosteiro alegaron que non podían atender a súa estancia. As autoridades decidiron trasladalo e algúns madrileños puideron contemplar o último paso pola capital de Besteiro nun camión aberto cargado de sacerdotes que lle rodeaban.{{Sfn|<ref name="Alcojor|2006}}"/> Un dos seus acompañantes, o padre Ugarte, afirmou:
 
{{Cita|(...) don Julián, sentado estoicamente nun recuncho do vagón, agardaba meditando, sen dúbida, na homenaxe silenciosa de tantas xentes que, ó recoñecelo, non puideron reprimir un xesto de adhesión emocionada e de dor.|(Tradución do orixinal){{Sfn|<ref name="Alcojor|2006}}"/>}}
 
O 30 de agosto de 1939 Besteiro chegou ó cárcere de [[Carmona, Sevilla|Carmona]] ([[Provincia de Sevilla|Sevilla]]), dende continuou a súa relación cos sacerdotes nacionalistas vascos presos<ref>{{SfnCita libro|título=Historia de la Iglesia en España, 1931-1939: La Guerra Civil, 1936-1939|nome=Gonzalo|apelidos=Redondo|editorial=Ediciones Rialp|url=https://books.google.es/books?id=3N2ryNhbnMsC|ano=1993|isbn=84-321-3016-8|p=290|lingua=es}}</ref>{{refn|group=lower-alpha|Compartiu presidio en Carmona cun grupo de sacerdotes vascos. Unha fotografía nesta prisión dun centenar destes na que tamén aparecía retratado Besteiro tivo un alcance internacional, pola imaxe que proxectaba dunha represión franquista transversal que afectaba ós políticos anciáns e a unha parte do clero.<ref>{{SfnCita publicación periódica|título=La Guerra Civil a través de las publicaciones vascas en el exilio franco- americano|nome=Josu|apelidos=Chueca Intxusta|revista=Amnis|volume=2|ano=2011|issn=1764-7193|url=http://amnis.revues.org/1494}}</ref>}} e seguiulle escribindo a súa muller. As xestións para conseguir o seu traslado ou liberación non tiveron éxito. Os seus achegados tentaron que se lle aplicara unha norma legal que permitía a excarceración de presos de setenta anos ou próximos a esa idade, mais a decisión tiña que tomala o [[Ministerio do Exército (España)|ministro do Exército]], o xeneral [[José Enrique Varela]]. Existen indicios de que este e outros xenerais asinaron unha petición dirixida a [[Francisco Franco|Franco]], mais o ditador non aceptou a liberación de Besteiro.{{Sfn|de Blas Zabaleta|de Blas Martín-Merás|2002|pp=437-438}}
 
Os sacerdotes vascos foron liberados pouco a pouco ó longo do ano 1940, o que complicou a situación de Besteiro.{{Sfn|de Blas Zabaleta|de Blas Martín-Merás|2002|pp=438-441}} A súa alimentación empeorou e viuse obrigado a realizar labores de limpeza nas que antes lle axudaban os cregos.{{Sfn|Preston|1999|p=263}} O 19 de setembro comunicáronlle á súa muller que Besteiro padecía unha [[Diarrea|enterocolite]], algo que xa sufrira no pasado. Porén, tanto os síntomas como o tratamento eran diferentes ós de outras ocasións, o que preocupou a [[Dolores Cebrián Fernández de Villegas|Dolores Cebrián]]. A súa solicitude de trasladalo a un hospital foi rexeitada polo médico da prisión. Tamén rexeitou que fose atendido por outros tres médicos da localidade. Finalmente Dolores conseguiu por medio dunhas amizades que fose un especialista de oídos a atendelo, mais este pouco puido facer para salvarlle a vida a Besteiro.{{Sfn|de Blas Zabaleta|de Blas Martín-Merás|2002|pp=438-441}}
Liña 130:
{{cita|Morro sendo socialista. Cando a liberdade en España volva a facer ós homes libres, quero que os meus restos sexan envoltos nunha bandeira vermella e soterrados ó carón da tumba do que foi o meu mestre: [[Pablo Iglesias Posse|Pablo Iglesias]].|(Tradución do orixinal)<ref>{{cita libro|nome=Andrés|apelidos=Saborit|ligazón-autor=Andrés Saborit|título=Julián Besteiro|editorial=Editorial Losada|ano=1967|p=24}}</ref>}}
 
Finou o 27 de setembro de 1940<ref name=dicsoc>{{Cita web|url=http://www.fpabloiglesias.es/archivo-y-biblioteca/diccionario-biografico/biografias/2850_besteiro-fernandez-julian|editorial=[[Fundación Pablo Iglesias]]|título=Besteiro Fernández, Julián|obra=Diccionario Biográfico del Socialismo Español}}</ref><ref>{{Harvspsfn|Fernández García|1976}}; {{Harvspsfn|Amodia|1995|p=89}}; {{Harvspsfn|Jiménez-Landi|1996|p=470}};<ref {{Harvsp|name="Alcojor|2006}}<"/ref> nunhas condicións de presidio deficientes: "Espantosas" segundo o profesor [[Juan Marichal (escritor)|Juan Marichal]],{{Sfn|Marichal|1988}}<ref name="Marichal1988"/> "angustiosas" para [[Eusebio Fernández García]]{{Sfn|Fernández García|1976}} e de "dramática agonía" segundo [[Enrique Sánchez Lubián]],{{Sfn|Sánchez Lubián|2003}} quen tamén indicou que o persoal médico non fixo nada para curar a [[septicemia]] que padecía.{{Sfn|Sánchez Lubián|2003}} [[Jaume Claret Miranda]] cualificou esta prisión de "[[campo de concentración]]",{{Sfn|Claret Miranda|2006}} mentres que [[Antonio Jiménez-Landi]] sostivo que ni a personalidade nin as condicións físicas de Besteiro conmoveron ó alcaide de Carmona, que non permitiu que se lle fixera ningunha consideración.{{Sfn|Jiménez-Landi|1996|p=470}} As fontes son ambivalentes no que se refire á causa do seu falecemento, que unhas atribúen a unha infección,{{Sfn|Jiménez-Landi|1996|p=470}} que segundo Preston tería collido nas [[latrina]]s,{{Sfn|Preston|2014|p=314}} e outras á [[tuberculose]].{{SfnmSfn|Crozier|1969|1pp=426|Alcojor|2006}}<ref name="Alcojor"/>
 
A súa morte pasou desapercibida naquel momento para os españois por mor do silencio da prensa do país. Si se tivo coñecemento no [[Exilio republicano español|exilio]]. O xornal comunista ''España Democrática'', editado en [[Montevideo]], adicoulle o artigo titulado ''Ha muerto Besteiro, uno de los responsables del golpe de Casado'', no que o acusaban de non ter participado na [[guerra civil española|guerra]] "non por repulsión á violencia senón por ausencia de identificación desa gran epopeia".{{Sfn|<ref name="Alcojor|2006}}"/> [[Serrano Súñer]] adimtiu a posteriori nas súas memorias publicadas en 1977 que a condena e morte en prisión de Besteiro "constituíu un acto torpe".{{Sfn|Preston|1999|pp=262-263; 452}}
 
== Influencias e ideoloxía ==