Abades, Silleda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Estevoaei moveu a páxina "Conxunto relixioso de Abades" a "Abades, Silleda" sen deixar unha redirección: fusión de contidos
aumentado desde as referencias achegadas
Liña 17:
Da época do [[megalitismo]] consérvase a [[mámoa]] da [[A Chousa Nova|Chousa Nova]], de hai 6000 anos, escavado a comezos do século XXI con motivo das obras da [[Liña de alta velocidade Olmedo-Zamora-Galicia|liña de alta velocidade Santiago-Ourense]]. Na parroquia está situada a [[estación da Bandeira]], inaugurada en 1958.
 
Na [[xurisdición]] eclesiástica forma parte do [[arciprestado de Trasdeza]], da [[diocese de Lugo]]. O nome da parroquia na [[Idade Media]] era Santa María de Pedre<ref>* [http://www.turismosilleda.es/parroquias_silleda.php?id=1 Abades], na web municipal de turismo</ref>. O [[conxunto relixioso de Abades]] abrangue a igrexa románica de Santa María, o Santuario da Virxe dos Desamparados, a casa reitoral e o cruceiro.
 
A '''igrexa de Santa María de Abades''' é un templo románico do [[século XII]]. Destacan as pinturas murais do seu interior e a colección de [[canzorro]]s zoomorfos dun dos seus laterais exteriores<ref>{{Patrimonio Galego|11838|noa=1|Igrexa de Santa María de Abades}}</ref>. O '''santuario da Nosa Señora dos Desamparados''' é unha construción de grandes dimensións de estilo neoclásico, levantada no [[século XVIII]]. Foi deseñada polo pontevedrés [[Melchor de Ricoi]], e promovida polo párroco de Abades, o valenciano Joaquín Espes. Destaca pola súa gran torre, os tres corpos que a forman, as pinturas murais interiores realizadas por Jorge Calvo en [[1773]] e as imaxes de [[San Xoaquín]] e [[Xosé de Nazaret|San Xosé]], realizadas polo escultor Gambino<ref>{{Patrimonio Galego|9282|noa=1|Santuario da Virxe dos Desamparados}}</ref>.
 
No [[Antigo Réxime]] pertencía á xurisdición de Trasdeza e á [[provincia de Santiago]]. En 1826 tiña 243 habitantes<ref>{{Versaleta|[[Sebastián Miñano|Miñano Bedoya, S.]]}} (1826): ''[[Diccionario geográfico y estadístico de España y Portugal]]''. Madrid: tomo 1, páx. 1 ("ABADES").</ref>. Até 1853 pertencía ao [[concello de Chapa]], que nese ano mudou a súa capitalidade por Silleda. En 1846 tiña 376 habitantes<ref>{{Versaleta|[[Pascual Madoz|Madoz Ibáñez, P.]]}} (1846): ''[[Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar]]''. Madrid: tomo 1, páx. 33 ("ABADES").</ref> e tiña escola de seu.
 
Desde 1988 celébrase cada [[domingo de Pascua]] a carón do santuario a [[festa gastronómica]] da [[rosquilla]], alimento que ten como avogada a [[Virxe do Carme]].