Diferenzas entre revisións de «Joaquín Poza Juncal»

sen resumo de edición
== Traxectoria ==
Fillo de [[Joaquín Poza Cobas]], dirixente republicano de Pontevedra, sucedeu ao seu pai como director de ''[[La Libertad (Pontevedra)|La Libertad]]''. Foi vicepresidente do Centro Republicano de Pontevedra e un dos asinantes do manifesto fundacional da [[Federación Republicana Gallega]] en 1930. Logo da proclamación da [[Segunda República Española|Segunda República]] foi concelleiro de Pontevedra e máis tarde gobernador civil de [[Provincia de Ourense|Ourense]]. Nas [[Eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 en Galicia|eleccións a Cortes Constituíntes de 1931]] foi elixido deputado por Pontevedra pola FRG.
[[Ficheiro:Deputados galegos de 1931. Entre outros Suárez Picallo (o primeiro pola esquerda), Rodríguez Cadarso, Castelao, Nóvoa Santos, Vilar Ponte e Otero Pedrayo.jpg|miniatura|300px|Deputados galegos de 1931. [[Ramón Suárez Picallo]], [[Daniel Vázquez Campo|Daniel Vázquez]], [[Alejandro Rodríguez Cadarso]], [[Alfonso Daniel Rodríguez Castelao|Castelao]], [[Roberto Nóvoa|Nóvoa Santos]], [[Antón Villar Ponte]], Poza Juncal, [[Ramón Otero Pedrayo|Otero Pedrayo]] e [[Antón Alonso Ríos]].]]
 
En 1933 pásase a [[Acción Republicana]] e ingresa en [[Izquierda Republicana]] en 1934. Participou activamente nas asembleas de elaboración do [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936|Estatuto de Autonomía de Galicia]]. Foi tamén avogado asesor da [[Caja Rural de Lérez]], fundada en 1926.
 
=== Bibliografía ===
* {{Cita publicación periódica |nome= Carlos|apelidos= Pereira Martínez|ligazónautor= Carlos Pereira Martínez|ano= 2004|título= A Familia Poza: Un exemplo de republicanismo e librepensamento en Pontevedra|revista= Anuario Brigantino|volume= |número= 27|páxinas= 265-312|editor= |doi= |url= http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2004PDF/2004%20265-312%20PEREIRA.pdf|dataacceso=28 de agosto de 2012}}
=== Outros artigos ===
 
* [[Eleccións Xerais 1931 en España]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/Congreso/SDocum/ArchCon/SDHistoDipu/SDBuscHisDip?_piref73_1340033_73_1340032_1340032.next_page=/wc/servidorCGI&CMD=VERLST&BASE=DIPH&FMT=DIPHXDSP.fmt&DOCS=1-1&DOCORDER=FIFO&OPDEF=Y&QUERY=%28POZA+JUNCAL++JOAQUIN%29.DIPU. Ficha no Congreso dos Deputados]
195.252

edicións