Julián Besteiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 112:
O mesmo 29 de marzo comezou o proceso contra Besteiro instruído polo xuíz militar [[Carlos de Sabater]].{{Sfn|Tébar Rubio-Manzanares|2013|pp=70-71}} O 12 de xuño foi trasladado á prisión Del Cisne a petición do seu [[avogado]]. Esta era un antigo [[convento]] reconvertido apresuradamente en establecemento penitenciario, mais as condicións hixiénicas eran mellores que en Porlier.{{Sfn|de Blas Zabaleta|de Blas Martín-Merás|2002|p=413}} O 8 de xullo Besteiro foi sometido a un [[consello de guerra]] baixo a acusación de "delito de adhesión á rebelión militar". O fiscal foi [[Felipe Acedo Colunga]], levando a acusación como un intento de "condena da revolución" personificada en Besteiro.{{Sfn|Tébar Rubio-Manzanares|2013|p=73}} Acedo fora alumno del, e describiuno como un "home honesto e inocente de calquera delito de sangue", "persoa honrada" e "simpático á multitude e a nós mesmos desde o punto de vista persoal".<ref name="Alcojor"/> Porén, solicitou a [[pena de morte]] para el polo "crime de promover un socialismo aceptable mediante a moderación",{{Sfnm|Preston|1999|1p=261|Preston|2014|2pp=312-313}} e por ter sido "nefasto, terriblemente nefasto, na política española".<ref name="Alcojor"/>
 
O seu avogado defensor foi o [[Carlismo|tradicionalista]] Ignacio Arenillas,<ref name="Alcojor"/> quen só aceptou o cargo cando Besteiro conseguiu convencelo de que nunca pertencera á [[masonaría]].<ref name="Ruiz2005">{{SfnCita libro|título=Franco's Justice: Repression in Madrid After the Spanish Civil War|nome=Julius|apelidos=Ruiz|editorial=[[Oxford University Press]]|ano=2005|purl=https://books.google.es/books?id=sNk61qkjop0C|idioma=en|isbn=0-19-928183-1|pp=97-98}}</ref> Arenillas, ademais de resaltar as virtudes persoais de Besteiro, negou que existira causa para xulgalo e engadiu que non se lle estaba enxuizando polos seus actos, senón polas súas ideas.<ref name="Alcojor"/> O xuízo oral durou case cinco horas,<ref name="Ruiz2005"/>{{Sfnm|Ruiz|2005|1p=98sfn|Tébar Rubio-Manzanares|2013|2p=76}} e ó final do mesmo Besteiro empregou o seu dereito á último quenda de palabra para reafirmar as súas conviccións políticas, recalcando o seu tempo como militante e a súa participación na folga xeral de 1917. Estas palabras ían en contra da estratexia do seu avogado e prexudicaron a súa defensa.{{Sfn|de Blas Zabaleta|de Blas Martín-Merás|2002|p=421-424}}
 
O tribunal, presidido polo xeneral Manuel Nieves Coso e integrado por sete xenerais e xefes,{{Sfn|de Blas Zabaleta|de Blas Martín-Merás|2002|p=417}} condenouno a cadea perpetua por un delito de "rebelión militar",{{Sfn|Montoliú Camps|2005|p=55}} pena que foi conmutada por unha condena de 30 anos de prisión,{{Sfn|de Blas Zabaleta|de Blas Martín-Merás|2002|p=425}}{{Sfnm|Burgos|1976|1p=44|Fernández García|1976}} quedando Besteiro incluído no sistema de revisións e indultos.<ref name="Alcojor"/>