Ángel María Villar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 59:
Entre outros xuízos pendentes de resolución por irregularidades económicas, graves deficiencias no control e xestión de subvencións que afectan a máis de 20 millóns de euros acreditadas polo tribunal de contas levaron ao CSD a conxelar a subvención á RFEF á espera do ditame xudicial.
 
O 18 de xullo de [[2017]] foi detido pola [[Garda Civil]], xunto ao seu fillo Gorka e ao vicepresidente económico da [[RFEF]], Juan Padrón, nunha operación baixo a supervisión do xuíz da [[Audiencia Nacional]] [[Santiago Pedraz]].4 Por orde do mesmo xuíz o día 20 de xullo de 2017 ingresou na prisión de [[Soto del Real]] de maneira incondicional e provisional ao entender o maxistrado da Audiencia Nacional que existía risco de obstrución á xustiza, así como consecuencia da gravidade dos delitos que o actual presidente da RFEF cometeu presuntamente.
 
Á vista dos indicios de delito, a comisión directiva do [[Consello Superior de Deportes]] suspendeuno como presidente da [[RFEF]] o 25 de xullo de [[2017]]. Pouco despois dimitiu dos seus cargos na [[FIFA]] e a [[UEFA]].
 
O 21 de decembro de 2017, o Tribunal Administrativo do Deporte ( TAD) destituíu a Villar do cargo de presidente da RFEF, ao considerar probada a súa falta de neutralidade nunhas eleccións celebradas uns meses antes.8
 
== Palmarés ==