Diferenzas entre revisións de «Melito de Canterbury»

Etiqueta: edición de código 2017
Etiqueta: edición de código 2017
Melito asistiu a un consello de bispos en Italia en febreiro de 610, convocado polo papa [[Bonifacio IV, papa|Bonifacio]] IV. O historiador N. J. Higham cre que unha das razóns da súa presenza podería ser o tentar establecer a independencia da igrexa inglesa da francesa<ref name="Convert115">Higham ''Convert Kings'' p. 115</ref>. Bonifacio fixo que Melito levase dúas cartas papais de volta a Inglaterra, unha para Aethelberht e a súa xente, e outra para Lourenzo, o arcebispo de Canterbury<ref name="Brooks13">Brooks ''Early History of the Church of Canterbury'' p. 13</ref>. Tamén trouxo os decretos do [[Concilio|sínodo]] a Inglaterra<ref name="Blair86">Blair ''World of Bede'' pp. 86–87</ref>. Non sobreviviron as cartas ou documentos orixinais deste sínodo, aínda que algúns foron falsificados nas décadas de 1060 e 1070 aproximadamente, en [[Canterbury]]. Durante o seu período como bispo, Melito asinou xunto [[Cristianismo celta|a]] Xusto, o bispo de Rochester, unha carta escrita por Lourenzo aos bispos celtas alentando á igrexa celta a adoptar o método romano para calcular a data da [[Pascua cristiá|Pascua]]<ref name="ASE112">Stenton ''Anglo-Saxon England'' p. 112</ref>.
 
Tanto Aethelberht como Saeberht morreron cara a 616 ou 618, provocando unha crise na misión. Ningún do tres fillos de Saeberht converteuse ao cristianismo, e obrigaron a Melito a irse de Londres. Beda di que Melito foi obrigado a se  exiliar porque rexeitou a petición dos irmáns de probar o pan sacramental<ref>O historiador James Campbell cre que os irmáns puderon querer probar o pan ben porque pensaban que era máxico ou ben porque o pan era branco, algo raro naquela época(Campbell "Observations on the Conversion of England" ''Essays in Anglo-Saxon History'' pp.[nota 3]77–78).</ref>. É imposíbel determinar a partir da cronoloxía de Beda se isto sucedeu inmediatamente tras a morte de Saeberht ou máis tarde, xa que Beda narra ambos os sucesos no mesmo capítulo pero non proporciona un marco de tempo exacto nin o lapso de tempo pasado entre os dous sucesos. O historiador N. J. Higham conecta este feito cun cambio na "supervisión real", do cristián celta Aethelberht ao pagán anglo-oriental [[Raedwald de Anglia Oriental|Raedwald]]; Higham cre que isto sucedeu tras a morte de Aethelberht. Sostén que os fillos de Saeberht afastaron a Melito de Londres porque pasaran dunha supervisión celta a un anglo-oriental e, por tanto, xa non necesitaban manter a Melito, quen estaba relacionado co reino de Kent, no seu cargo.<ref name="Hindley36">Hindley ''A Brief History of the Anglo-Saxons'' p. 36</ref><ref name="Convert137">Higham ''Convert Kings'' p. 137</ref><ref name="Empire202">Higham ''English Empire'' pp. 202–203</ref>
 
Melito fuxiu primeiro a Canterbury, pero [[Eadbald de Kent|Eadbald]], sucesor de Aethelberht, tamén era pagán, polo que Melito, acompañado de Xusto, se refuxiou na [[Galia]]. Tras conseguir converter a Eadbald, Lorenzo ordenou que Melito regresase a Gran Bretaña. Descoñécese o tempo total do exilio de Melito. Segundo Beda, foi un ano, pero puido ser máis tempo. Con todo, Melito non regresou a Londres, porque os saxóns orientais seguían sendo pagáns<ref name="ASE">Lapidge "Mellitus" ''Blackwell Encyclopedia of Anglo-Saxon England''</ref>. Aínda que Melito fuxiu, non parece haber ningunha persecución seria dos cristiáns do reino saxóns oriental<ref name="Convert135">Higham ''Convert Kings'' pp. 135–136</ref>. As terras dos saxóns orientais non foron ocupadas de novo ata que Cedd foi consagrado como bispo en 654 aproximadamente<ref name="Convert234">Higham ''Convert Kings'' pp. 234–237</ref>.
52.639

edicións