Diferenzas entre revisións de «Melito de Canterbury»

Etiqueta: edición de código 2017
Etiqueta: edición de código 2017
A data exacta da chegada de Melito e o seu grupo a Inglaterra descoñécese, pero sen dúbida xa se atopaba no país en 604, cando Agostiño o consagrou como bispo, na provincia dos saxóns orientais, converténdoo no primeiro [[bispo]] de Londres (Londres era a capital dos saxóns orientais).<ref name="Hanbook219">Fryde, et al. ''Handbook of British Chronology'' p. 219</ref><ref name="Brooks11">Brooks ''Early History of the Church of Canterbury'' pp. 11–13a</ref> A cidade era unha elección lóxica para un novo bispado, xa que era o centro da rede de camiños do sur. Era tamén unha antiga cidade romana, e moitos dos esforzos da misión gregoriana centrábanse en lugares como leste. Antes da súa consagración, Melito bautizou a Saeberht, sobriño de Aethelberht, quen posteriormente autorizou o establecemento do bispado. A igrexa episcopal construída en Londres probabelmente foi fundada por Aethelberht, en lugar de Saeberht<ref>{{Cita libro|título=The Oxford dictionary of the Christian Church|editorial=[[Oxford University Press]]|lingua=inglés|capítulo=9780192802903}}</ref>. Aínda que Beda rexistrou que Aethelberht outorgou terras para apoiar ao novo episcopado, unha carta que tentaba facerse pasar por unha concesión de terras de Aethelberht a Melito é unha falsificación posterior.
[[Ficheiro:AugustineGospelsFolio125rPassionScenes.jpg|miniatura|343x343px|Escenas da Paixón dos evanxeos de San Agostiño (c. século VI), posibelmente traídos por Melito a Inglaterra.]]
Aínda que Gregorio dispuxera que Londres se convertese no arcebispado meridional da illa, Agostiño xamais trasladou a [[Sé episcopal|sede episcopal]] a Londres, e no seu lugar consagrou a Melito como un bispo corrente alí.[nota<ref>Aínda 2]que o historiador S. Brechter argumenta que Agostiño transladou o arcebispado a Londres, e que Melito foi o seu sucesor alí en lugar de Lourenzo, isto demostrose que é moi improbábel (Wallace-Hadrill ''Bede's Ecclesiastical History of the English People'' p. 39).</ref> Tras a morte de Agostiño en 604, Canterbury continuou sendo a sede do arcebispado meridional, e Londres permaneceu como bispado. É posíbel que o rei de Kent non desexase que se exercese unha maior autoridade episcopal fóra do seu propio reino
 
Melito asistiu a un consello de bispos en Italia en febreiro de 610, convocado polo papa [[Bonifacio IV, papa|Bonifacio]] IV. O historiador N. J. Higham cre que unha das razóns da súa presenza podería ser o tentar establecer a independencia da igrexa inglesa da francesa<ref name="Convert115">Higham ''Convert Kings'' p. 115</ref>. Bonifacio fixo que Melito levase dúas cartas papais de volta a Inglaterra, unha para Aethelberht e a súa xente, e outra para Lourenzo, o arcebispo de Canterbury<ref name="Brooks13">Brooks ''Early History of the Church of Canterbury'' p. 13</ref>. Tamén trouxo os decretos do [[Concilio|sínodo]] a Inglaterra<ref name="Blair86">Blair ''World of Bede'' pp. 86–87</ref>. Non sobreviviron as cartas ou documentos orixinais deste sínodo, aínda que algúns foron falsificados nas décadas de 1060 e 1070 aproximadamente, en [[Canterbury]]. Durante o seu período como bispo, Melito asinou xunto [[Cristianismo celta|a]] Xusto, o bispo de Rochester, unha carta escrita por Lourenzo aos bispos celtas alentando á igrexa celta a adoptar o método romano para calcular a data da [[Pascua cristiá|Pascua]]<ref name="ASE112">Stenton ''Anglo-Saxon England'' p. 112</ref>.
52.639

edicións