Melito de Canterbury: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Finados en 624 mediante HotCat
Servando2 (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 9:
 
== Viaxe a Inglaterra ==
O papa Gregorio enviou a Melito a Inglaterra en xuño de 601, en resposta a unha petición de Agostiño, o primeiro arcebispo de Canterbury. Agostiño necesitaba que máis clérigos se unisen á misión gregoriana, que estaba a realizar conversións no [[reino de Kent]], entón gobernado por Aethelberht. Os novos misioneiros trouxeron consigo un agasallo en forma de libros e "todas as cousas necesarias para a adoración e o ministerio da Igrexa". Un cronista de Canterbury, Thomas de Elmham, asegurou no século XV que en Canterbury se conservaban aínda libros dos traídos a Inglaterra por ese segundo grupo, aínda que non sinalou cales. Unha investigación dos manuscritos existentes de Canterbury mostra que un dos libros que posibelmente perdurou a través dos anos foron os evanxeos de San Agostiño, agora en Cambridge, Corpus Christi College, Manuscrito (MS) 286<ref>Outro posíbel supervivente podería ser a ''[[Regra de San Bieito]]'', agora MS Oxford [[Bodleian Library|Bodleian]] Hatton 48 (Colgrave "Introduction" ''Earliest Life of Gregory the Great'' pp. 27–28). Outro evanxeo, escrito con estilo italiano, e moi relacionado cos evanxeos de San Agostiño é o MS Oxford Bodelian Auctarium D.2.14, que mostra evidencia de ter estado en mans anglosaxoas no período correcto. Por último, un fragmento dun traballo de Gregorio Magno, agora na [nota[biblioteca 1Británica]] como parte do MS [[biblioteca Cotton|Cotton]] Titus C podería ter chegado cos misioneiros (Lapidge ''Anglo-Saxon Library'' pp. 24–25).</ref>. Xunto á carta para [[Agostiño de Canterbury|Agostiño]], os misioneiros trouxeron unha carta para Aethelberht, instando o rei a se comportar como o emperador romano [[Constantino I o Grande]] e forzar a conversión dos seus súbditos ao cristianismo. Tamén se lle animaba a destruír todos os santuarios pagáns<ref name="Coming64">Mayr-Harting ''Coming of Christianity'' p. 64</ref><ref name="Brooks9">Brooks ''Early History of the Church of Canterbury'' p. 9</ref><ref name="Bede85">[//es.wikipedia.org/wiki/Beda Beda] ''A History of the English Church and People'' pp. 85–86</ref><ref name="Coming62">Mayr-Harting ''Coming of Christianity'' p. 62</ref><ref name="Strat34">Markus "Gregory the Great and a Papal Missionary Strategy" ''Studies in Church History 6'' pp. 34–37.</ref>.
 
O historiador Ian Wood suxeriu que a viaxe de Melito a través da Galia puido incluír os bispados de Vienne, Arlés, Lyon, Tolón, Marsella, Metz, París e Ruan, como evidencian as cartas que Gregorio mandou a eses bispos solicitando o seu apoio para a compañía de Melito. Gregorio tamén escribiu aos reis [[francos]] [[Clotario II]], [[Teodorico II, rei franco|Teoderico II]] e [[Teodeberto II]], e tamén a Brunegilda, avoa rexente de Teodeberto e Teoderico. Wood cre que ese chamamento xeral á realeza e o episcopado francos foi un intento de asegurar un maior apoio á misión gregoriana<ref name="Wood6">Wood "Mission of Augustine" ''Speculum'' p. 6</ref>. Durante a súa viaxe a Inglaterra, Melito recibiu unha carta de Gregorio autorizando a Agostiño a converter os templos pagáns en igrexas cristiás, e a converter os sacrificios de animais pagáns en festexos cristiáns para facilitar a transición ao cristianismo. A carta de Gregorio marca un cambio na estratexia misioneira, e foi posteriormente incluída na ''[[Historia ecclesiastica gentis Anglorum]]'' de Beda<ref name="Markus26">Markus "Gregory the Great's Europe" ''Transactions of the Royal Historical Society'' p. 26</ref><ref name="Bede86">Beda ''History of the English Church and People'' pp. 86–87</ref><ref name="Gregorio">Beda el venerable, Histoire Ecclésiastique du peuple anglais libro I, capítulo XXXII, 2-7 en André Crépin (ed.), Sources Chrétiennes, Les Éditions du Cerf, París 2005, p. 254-258.</ref>. Coñecida como a ''Epistola ad Mellitum'', entra en conflito coa carta enviada a Aethelberht, o que o historiador R. A. Markus interpreta como un punto decisivo na historia misioneira, xa que a conversión forzosa dá paso á persuasión<ref name="Tab2">Spiegel "'Tabernacula' of Gregory the Great" ''Anglo-Saxon England 36'' pp. 2–3</ref><ref name="Epistola">''Epistola ad Mellitum'', [//es.wikipedia.org/wiki/Patrologia_latina PL] 77, 1215-1217;