Samesugas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
Sen resumo de edición
Liña 14:
| web =
}}
'''Samesugas''' é un grupo galego formado na cidade de [[Santiago de Compostela|Compostela]] no ano [[1999]]. Está constituído por antigos formantes doutros grupos como os [[Fame Neghra]] e [[Dirty Barriguitas]]. Practican [[rock and roll]] con son [[garage]] en [[Lingua inglesa|inglés]] e [[Lingua galega|galego]]. A súa discografía até o ano [[2006]] estaba formada basicamente por singles e EP's, porén conseguiron chegar a ser coñecidos internacionalmente, e mesmo foron seleccionados para varios recompilatorios. Un deses traballos colectivos e o tributo a [[Turbonegro]] en [[2002]], no que participan cunha versión en [[Lingua galega|galego]] da canción "I fucked Betty Page". Nese mesmo ano editaron un vinilo titulado ''Machine in your brain'', que foi reeditado en CD en [[2006]]. No ano [[2003]] fixeron unha xira por [[Finlandia]]. O seu primeiro traballo longo foi ''Alá vai!'', no ano [[2007]]. Nese mesmo ano versionaron para [[Manifesto Dobarrista]], o disco colectivo tributo a [[Andrés do Barro]], a súa canción "Homes". En marzo do 2008, e xunto con [[The Homens]], unha banda amiga coa que comparten comezos, sacaron en vinilo o EP conxunto ''The Homens Vs. Samesugas'', no que ambos os grupos intercambian versións e inclúen tamén temas novos.
 
'''Samesugas''' é un grupo galego de [[rock and roll]] con son [[garage]], formado en [[Santiago de Compostela]] en [[1999]]. Cantan en [[Lingua inglesa|inglés]] e [[Lingua galega|galego]], e está constituído por antigos formantes doutros grupos como [[Fame Neghra]] e [[Dirty Barriguitas]]. Está composto por Joaquín (guitarra e voz), Alberte (baixo), Álex (guitarra) e Ramón (batería).
A súa formación é: Joaquín: guitarra e voz; Alberte: baixo; Álex: guitarra; Ramón: batería.
 
==Traxectoria==
A súa discografía até o ano [[2006]] estaba formada basicamente por sinxelos e EP's, e foron seleccionados para varios recompilatorios. Un deses traballos colectivos e o tributo a [[Turbonegro]] en [[2002]], no que participan cunha versión en [[Lingua galega|galego]] da canción "I fucked Betty Page". Nese mesmo ano editaron un vinilo titulado ''Machine in your brain'', que foi reeditado en CD en [[2006]]. No ano [[2003]] fixeron unha xira por [[Finlandia]].
 
O seu primeiro traballo longo foi ''Alá vai!'', no ano [[2007]]. Nese mesmo ano versionaron para [[Manifesto Dobarrista]], o disco colectivo tributo a [[Andrés do Barro]], a súa canción "Homes". En marzo do 2008, e xunto con [[The Homens]], unha banda amiga coa que comparten comezos, sacaron en vinilo o EP conxunto ''The Homens Vs. Samesugas'', no que ambos os grupos intercambian versións e inclúen tamén temas novos.
 
== Discografía ==
* ''Pocket Monsters'' EP ([[Lixo Urbano]], [[2000]])
* Single compartido con [[Garage 13]], cos temas "Psyche's Hell" e "Move-Te!" ([[Bad Attitude! Records]], [[2003]])
* ''Machine In Your Brain'' ([[H-Records]], [[2003]]; [[Lixo Urbano]], [[2004]]; [[Lixo Urbano]] e [[H-Records]], [[2006]])
* ''Alá vai!'' ([[H-Records]], [[2007]])
* ''The Homens Vs. Samesugas'' ([[Lixo Urbano]], [[Crack! Records]], [[2008]])
* ''Samesugas Vs. Marcelo Pocavida & The Viagra Boys'' ([[Rastrillo Records, Argentina]], [[2008]])
* ''They are Out There'' ([[Lixo urbano, Galiza]], [[2011]])
 
=== Participación en recompilatorios ===
* ''Killer Lixo Vol. 2'' ([[Lixo Urbano]], [[2001]])
* ''Alpha Motherfuckers'' (Bitzcore, [[2001]], co tema "I Fucked Betty Page").
* ''Riot on the Rocks Vol. 5'' (Safety Pin Records, [[2002]])
* ''A Collection Of Great Dance Tunes - Vol 2'' (HDP Records, 2002, co tema "Muito Para Ti").
* ''Rawk 'N' Roll Revolution CD'' (Myrmecoleo Records, 2002, co tema "Machine In Your Brain").
* ''[[Manifesto Dobarrista]]'' ([[A Regueifa Plataforma]], [[Falcatruada]] e [[Lonxa Cultural]], [[2007]], co tema "Homes").
 
== Véxase tamén ==