Vendima: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
→‎Variantes: lig int
Liña 5:
 
=== Variantes ===
A vendima máis habitual é para o viño e é unha actividade eminentemente social, pois normalmente realízase en grupos. Ás veces son as amizades do dono e ás veces os veciños ós que axudan, tanto na decota dos [[acio]]s como no transporte ou presada no [[Lagar (construción)|lagar]], que tradicionalmente se fai pisando cos pés descalzos.
 
Existen variacións verbo dos métodos de transporte ou actuación na vendima, pero cómpre destacar pola súa singularidade o da Ribeira Sacra: as súas fortes pendentes no [[canón do Sil]], o método de cultivo da [[vide]] en bancais ([[socalco]]s) e a dificultade de acceso fan desta vendima singular entre tódalas galegas. O sistema de cultivo da uva ten unha forte influencia na recolla: non é o mesmo unhas vides [[parra|emoarradas]] ca en [[tocón]]s. Outras vendimas colectivas foron institucionalizadas nunha [[festa gastronómica]] en exaltación do viño correspondente.