Rembrandt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Primeiros anos: arranxiño
Liña 64:
Rembrandt sempre viviu por encima das súas posibilidades, investindo en arte -ás veces poxando polas súas propias pinturas-, gravados -que adoitaba utilizar nas súas pinturas- e todo tipo de curiosidades. En 1656 xa se tomaron certas medidas nos xulgados para impedir a súa declaración de [[bancarrota]], e o artista tivo que vender a maioría das súas pinturas e boa parte da súa colección de antigüidades. A lista de obxectos poxados conservouse, e dá unha idea das posesións materiais do pintor: debuxos e pinturas dos vellos mestres [[pintura flamenga|flamengos]], bustos de [[emperador]]es [[Imperio romano|romanos]], fragmentos de [[armadura]]s [[Xapón|xaponesas]], curiosidades traídas do Extremo Oriente, e coleccións de [[Historia natural]] e [[mineral]]es. Os beneficios destas vendas, realizadas entre 1657 e 1658, resultaron decepcionantes,<ref>Slive, páx. 84</ref> de modo que en 1660 non tivo máis remedio que vender a súa casa e o seu taller de [[gravado]] e mudarse a un apartamento máis modesto en [[Rozengracht]].<ref>Schwarz, p. 12.</ref><ref group='nota'>A venda efectuouse en 1658, pero concedéronselle dous anos de atraso na mudanza.</ref> Rembrandt aínda gozaba de certo prestixio, e tanto as autoridades como os seus acredores adoitaban mostrarse bastante tolerantes. Paradoxicamente, a sociedade de pintores de Ámsterdam considerouno un escándalo, e adaptou os seus regulamentos para que ninguén que estivese nunha situación económica como a de Rembrandt puidese comerciar como pintor. Para evitar esta medida, Hendrickje e o propio Titus abriron o seu propio negocio de arte en 1660, no que Rembrandt traballaba como ''empregado.''<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1978|p= 105}}</ref>
 
Así, en 1661, esta "axencia artística" recibiu o encargo de realizar unha pintura para o recentemente construído [[Municipio|concello]], pero só despois de que [[Govert Flinck]], o artista que recibira inicialmente o encargo falecese sen dar unha soa pincelada. Desgraciadamente, a obra resultante -''"A conspiración de Claudius Civilis"''- foi rexeitada e devolta ao pintor; o único fragmento conservado é só parte da obra realizada.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1978|p= 60-61}}</ref> Foi por entón cando Rembrandt, gravemente afectado pola idade e a pobreza, admitiu a [[Aert de Gelder]] como o seu último alumno. Cara a 1662 aínda recibía encargos importantes de retratos das personalidades da súa contorna.<ref>Bull, ''et al.'', pág. 29.</ref> O mesmo [[Cosme III de Toscana|Cosme III de Médici]], [[Gran Duque de Toscana]] visitou a Rembrandt no seu domicilio, cando chegou a Ámsterdam en 1667.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Clark|1978|p= 34}}</ref>
 
Rembrandt sobreviviu tanto a Hendrickje -falecida en 1663- como ao seu fillo Titus, que morreu o 7 de setembro de 1668, deixándolle unha neta. Rembrandt morreu un ano despois do falecemento do seu fillo, o 4 de outubro de 1669, e foi enterrado nunha tumba sen nome no [[Westerkerk]] de Ámsterdam.<ref>Slive, p. 83</ref>
 
== Obra ==
[[Ficheiro:Rembrandt_Christ_in_the_Storm_on_the_Lake_of_Galilee.jpg|miniatura|esquerda|''"Cristo na tormenta no lago de Galilea"'', 1633. En paradeiro descoñecido desde o seu roubo do museo Isabella Stewart Gardner en 1990.]]