Philadelphia Eagles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Adorian (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Adorian (conversa | contribucións)
Liña 69:
 
En 1976, Dick Vermeil foi contratado como adestrador dos Eagles procedente da UCLA (Universidade de California Os Ánxeles). O equipo de Fildelfia tan só conseguira entre 1962 e 1975 unha temporada con máis vitorias que derrotas. Con todo, da man de Vermeil e do quarterback [[Ron Jaworski]] o equipo se clasifica aos playoffs durante catro temporadas consecutivas a partir de 1978. O equipo de 1980 conseguiría gañar por primeira vez o título da NFC Leste. Na final polo título de conferencia tocaríalles xogar contra outro dos seus grandes rivais, os [[Dallas Cowboys]]. Finalmente, gañarían o partido por 20-7 e clasificaríanse para xogar a [[Super Bowl XV]], onde se terían que enfrontar aos [[Oakland Raiders]] no [[Louisiana Superdome]] de [[Nova Orleáns]]. Sería en última instancia o equipo [[california]]no quen se levaría o título tras vencer aos Eagles por 27-10. Ao ano seguinte, os Eagles foron eliminados na rolda wildcard dos playoffs polos Giants. Despois da decepcionante campaña de 1982, o adestrador Vermeil dimite do cargo alegando que estaba "queimado", sendo substituído polo seu coordinador defensivo Marion Campbell. En xaneiro de 1983, Tose anuncia que será a súa filla, Susan Fletcher, nese momento vicepresidenta do club, quen o sucedería no cargo chegado o día. Tan só un ano despois, comezaron a circular rumores de que Tose estaba a pensar en mover o equipo a [[Phoenix]] ([[Arizona]]), por motivos económicos.
 
== Estadio ==
{{AP|Lincoln Financial Field}}
Desde o ano 2003 os Philadelphia Eagles xogan os seus partidos como local no [[Lincoln Financial Field]], un estadio de situado ao sur de [[Filadelfia]]. Aberto ao público desde o [[3 de agosto]] desde ano, conta con capacidade para 69.176 espectadores. Antes de mudarse a "The Linc", alcume co que é coñecido o estadio, os Eagles xogaron no Baker Bowl (1933–1935), no Philadelphia Municipal Stadium (1936–1939, 1941), no Connie Mack Stadium (1940, 1942–1957), no Franklin Field (1958–1970) e no Veterans Stadium (1971–2002). Alén dos Eagles o estadio é utilizado polo equipo da Universidade de Temple, cuxo equipo, os Owls, compite na American Athletic Conference da [[National Collegiate Athletic Association]] (NCAA). Fóra do fútbol americano, o estadio ten acollido encontros de [[fútbol]], como as [[Copa Ouro da CONCACAF]] de 2009 e 2015, cando albergou a final, a [[Copa América Centenario]], partidos de equipos como os [[Philadelphia Union]] da [[Major League Soccer]] e o [[Manchester United]] da [[Premier League]] ou concertos de artistas como [[Bruce Springsteen]], [[U2]], [[Coldplay]], [[Taylor Swift]] ou [[Metallica]].<ref name="LFF">{{cita web|url=http://media.philadelphiaeagles.com/media/156791/lincoln-financial-field.pdf|título=Lincoln Financial Field|obra=Philadelphia Eagles|dataacceso=22-01-2018|lingua=inglés}}</ref> No ano [[2013]] fíxose unha reforma no estadio para ampliar o recinto, engadir dúas novas pantallas de vídeo HD, conexión Wi-Fi e dúas novas pontes de conexión para os niveis superiores. En canto aos recintos de adestramento, actualmente os Eagles utilizan o NovaCare Complex de Filadelfia. Anteriormente, e desde finais de xullo até mediados de agosto, o equipo concentrábase na Universidade de Lehigh en Bethlehem.
 
{| class="wikitable" style="text-align:center"
|-
| colspan="4" style="background:#004953; color:#fff;"|'''Estadios utilizados polos Philadelphia Eagles'''
|-
! style="width:100px; background:#a5acaf; color:#000;"| Período
! style="width:220px; background:#a5acaf; color:#000;"| Estadio
! style="width:160px; background:#a5acaf; color:#000;"| Localización
! style="width:100px; background:#a5acaf; color:#000;"| Capacidade
|-
| 1933–1935 ||align="left"| Baker Bowl || [[Ficheiro:Flag of Pennsylvania.svg|20px|border|Pensilvania]] [[Filadelfia]], [[Pensilvania|PA]] || 18.800
|-
| 1936–1939 ||align="left"| Philadelphia Municipal Stadium || [[Ficheiro:Flag of Pennsylvania.svg|20px|border|Pensilvania]] [[Filadelfia]], [[Pensilvania|PA]] || 102.000
|-
| 1940 ||align="left"| Shibe Park || [[Ficheiro:Flag of Pennsylvania.svg|20px|border|Pensilvania]] [[Filadelfia]], [[Pensilvania|PA]] || 33.000
|-
| 1941 ||align="left"| Philadelphia Municipal Stadium || [[Ficheiro:Flag of Pennsylvania.svg|20px|border|Pensilvania]] [[Filadelfia]], [[Pensilvania|PA]] || 102.000
|-
| 1942–1957 ||align="left"| Shibe Park / Connie Mack Stadium || [[Ficheiro:Flag of Pennsylvania.svg|20px|border|Pensilvania]] [[Filadelfia]], [[Pensilvania|PA]] || 33.359
|-
| 1958–1970 ||align="left"| Franklin Field || [[Ficheiro:Flag of Pennsylvania.svg|20px|border|Pensilvania]] [[Filadelfia]], [[Pensilvania|PA]] || 60.658
|-
| 1971–2002 ||align="left"| Veterans Stadium || [[Ficheiro:Flag of Pennsylvania.svg|20px|border|Pensilvania]] [[Filadelfia]], [[Pensilvania|PA]] || 65.352
|-
| Desde 2003 ||align="left"| [[Lincoln Financial Field]] || [[Ficheiro:Flag of Pennsylvania.svg|20px|border|Pensilvania]] [[Filadelfia]], [[Pensilvania|PA]] || 69.176
|}
 
== Xogadores ==