Mónaco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: Outroshomónimos
Fendetestas (conversa | contribucións)
Liña 67:
Dominada por diversos pobos da antigüidade, foi colonia dos [[fenicios]], dos cales posuía o templo do deus Melkart. Con todo, segundo Diodoro Sículo e o xeógrafo [[Estrabón]], os primeiros habitantes sedentarios da zona foron os [[Liguria|lígures]], que emigraron dende a cidade de [[Xénova]] en [[Italia]]. Con todo, cómpre sinalar a antiga lingua lígur, sen conexión coas [[linguas indoeuropeas]], non ten que ver coa [[lingua lígur (románica)|lingua lígur]] falada hoxe en día no Principado, tamén coñecida como [[monegasco]]. Segundo parece a colonia de Mónaco debeuse quizais á apertura cara o mar dun pobo lígur situado no interior.
 
Logo, no [[século -VI|século VI a.C.]], os [[Antiga Grecia|gregos]] de [[Marsella]] (entón ''Massalia''), fundarían a colonia de ''Monoikos'' (probable asimilación do fenicio "Melkart") no estreito onde actualmente dese atopa Mónaco. Monoikos estaba asociada a [[Heracles]] (heroe coñecido polos romanos como [[Hércules (mitoloxía)|Hércules]]), adorado baixo o nome de ''Herakles Monoikos''. Segundo os propios Diodoro Sículo e Estrabón, os gregos e os lígures crían por igual que Hércules pasara pola rexión. Despois da Guerra das Galias, [[Xulio César]] instalouse nesta terra, xa abandonada polos gregos, o que significou o paso deste territorio ao control da [[República Romana]] como parte da provincia romana da [[Gallia Narbonensis]] co nome de Portus Herculis Monæci. Na [[Eneida]] é mencionada polo poeta [[Virxilio]].
 
=== Idade Media ===