Diferenzas entre revisións de «Notocorda»

m
(arranxiño)
[[Ficheiro:Gray898.png|thumb|300px|Sección da cabeza dun embrión humano, duns doce días de idade, na rexión do cerebro posterior.]]
* '''Clase [[urocordados]]''': a notocorda deriva de 40 células e non presenta cuberta conxuntiva nin segmentación. Os xenes ''Brachyuruy'' e ''Not'' controlan a súa diferenciación. Neste grupo, a notocorda só está presente na cola do individuo durante o seu [[larva|estadio larvario]]; posteriormente os animais fíxanse ao substrato e perden a cola.
* '''Clase [[cefalocordaos]]''': a notocorda está formada por uns discos dispostos en segmentos (20-40 discos por segmento). A súa formación está determinada polo [[xene ''Hox]] ''[[Sonic Hedgehoghedgehog]]''. A musculatura asociada á notocorda emite prolongacións que van cara ao sistema nervioso; se se produce a contracción da musculatura por estimulación eléctrica, esta provoca cambios de rixidez na notocorda.
* '''Clase [[vertebrados]]''': a notocroda tende a desaparecer, aínda que nalgúns grupos (coma as [[lamprea]]s) aínda está presente e é funcional. Nestes grupos adoita encontrarse moi reducida, e obsérvase unha predominancia de líquido por riba das células, feito que lle dá máis elasticidade á notocorda.
 
191.650

edicións