Diferenzas entre revisións de «Pedro II do Brasil»

m
Bot: Cambio o modelo: Bandeira2; cambios estética
m (Bot: Cambio o modelo: Bandeira2; cambios estética)
|outros nomes =
|data de nacemento = 2 de decembro de [[1825]]
|lugar de nacemento = [[Pazo de São Cristóvão]], [[Río de Janeiro]], {{Bandeira2Bandeira|Imperio do Brasil}}
|data de defunción = 5 de decembro de [[1891]] {{idade|2|10|1825|5|12|1891}}
|lugar de defunción = [[París]], {{FRAb}} [[Terceira República Francesa|Francia]]
== Desenvolvemento persoal ==
=== Política ===
[[Ficheiro:Pedro II of Brazil 1851 edit.png|miniatura|200px|leftesquerda|Pedro II ós 25 anos de idade, c. 1851.]]
A comezos dos anos 1850 o Brasil gozaba de estabilidade interna e de prosperidade económica.{{sfn|Barman|1999|p=159}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=100}} Baixo o mandato do primeiro ministro [[Honório Hermeto Carneiro Leão]] (posteriormente marqués do Paraná), o emperador avanzou no seu propio e ambicioso programa: a ''conciliação'' e os ''melhoramentos''.{{sfn|Barman|1999|p=162}} As reformas de Pedro II estaban dirixidas a promover un menor partidismo político e a mellorar as infraestruturas e o desenvolvemento económico. A nación estaba interconectándose por medio do [[ferrocarril]] e das liñas de [[Telégrafo eléctrico|telégrafo]] e [[barco de vapor|barcos de vapor]], uníndose nunha única entidade.{{sfn|Barman|1999|p=159}} A opinión xeral, tanto doméstica coma internacional, era que estes logros foran posibles grazas ó "goberno do Brasil como unha [[monarquía]] e ó carácter de Pedro II".{{sfn|Barman|1999|p=159}}
 
 
=== Patrón das artes e das ciencias ===
[[Ficheiro:Pedro II 1858.jpg|miniatura|200px|leftesquerda|Pedro II ós 32 anos de idade, c. 1858. Nos anos 1850 os libros comezaron a aparecer de forma prominente nos seus retratos, en referencia ó seu papel como defensor da educación.{{sfn|Schwarcz|1998|p=326}}]]
No ano 1862 Pedro escribiu no seu diario privado: "Nacín para consagrarme ás letras e ás ciencias".{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=104}}{{sfn|Carvalho|2007|p=77}} Demostrou sempre un grande entusiasmo pola aprendizaxe e nos libros atopou un refuxio das obrigas da súa posición.{{sfn|Barman|1999|p=116}}{{sfn|Besouchet|1993|p=59}} Interesáballe un amplo rango de temáticas, incluíndo a [[antropoloxía]], [[historia]], [[xeografía]], [[xeoloxía]], [[medicina]], [[dereito]], [[teoloxía]], [[filosofía]], [[pintura]], [[escultura]], [[teatro]], [[música]], [[química]], [[física]], [[astronomía]], [[poesía]] e [[tecnoloxía]] entre outras.{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=99}}{{sfn|Barman|1999|p=542}} Cando rematou o seu reinado, había tres bibliotecas no pazo de São Cristóvão que contiñan máis de 60&nbsp;000 libros en total.{{sfn|Carvalho|2007|p=227}} A súa paixón pola [[lingüística]] levouno a estudar novas linguas durante toda a súa vida, aprendendo a falar e escribir non só en [[lingua portuguesa|portugués]] senón tamén en [[lingua latina|latín]], [[lingua francesa|francés]], [[lingua alemá|alemán]], [[lingua inglesa|inglés]], [[lingua italiana|italiano]], [[lingua castelá|castelán]], [[lingua grega|grego]], [[lingua árabe|árabe]], [[lingua hebrea|hebreo]], [[Lingua sánscrita|sánscrito]], [[lingua chinesa|chinés]], [[lingua occitana|occitano]] e [[lingua tupí|tupí]].{{sfn|Carvalho|2007|p=226}}{{sfn|Olivieri|1999|p=7}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=428}}{{sfn|Besouchet|1993|p=401}}{{sfn|Lira 1977, Vol 2|p=103}} Foi o primeiro fotógrafo brasileiro ó adquirir un [[daguerrotipo]] en marzo de 1840,<ref>{{Cita libro | last1 = Vasquez | first1 = Pedro Karp | year = 2003 | language = pt| title = O Brasil na fotografia oitocentista | publisher = Metalivros | location = São Paulo | isbn = 978-85-85371-49-4 | ref = harv|p=77}}</ref>{{sfn|Schwarcz|1998|p=345}} instalou un laboratorio en São Cristóvão adicado á [[fotografía]] e outro adicado á química e á física, e tamén comisionou a construción dun observatorio astronómico.{{sfn|Barman|1999|p=117}}
 
 
=== Primeiro Voluntario da Patria ===
[[Ficheiro:Pedro II 1865 01.jpg|miniatura|leftesquerda|200px|Pedro&nbsp;II ós 39 anos de idade, 1865.]]
Coa ameaza vixente da guerra co [[Imperio Británico]], o Brasil tivo que tornar a súa a atención cara ás súas fronteiras do sur, ao comezar unha nova guerra civil no [[Uruguai]] na que os seus partidos políticos se enfrontaban os uns ós outros.{{sfn|Carvalho|2007|p=108}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=219}}{{sfn|Barman|1999|p=197}} Este conflito interno deu lugar ó [[asasinato]] de brasileiros e á pillaxe das súas propiedades no Uruguai.{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=220}} O goberno brasileiro decidiu intervir no conflito, temoroso de dar unha impresión de debilidade fronte ó conflito cos británicos.{{sfn|Carvalho|2007|p=107}} Un exército brasileiro invadiu o Uruguai en decembro de 1864, dando comezo á breve [[guerra do Uruguai]], que finalizaría en febreiro de 1865.{{sfn|Carvalho|2007|p=109}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|pp=224–225}}{{sfn|Barman|1999|p=198}} Mentres tanto, o ditador do [[Paraguai]], [[Francisco Solano López]], aproveitouse da situación para establecer o seu país como unha potencia rexional. O [[exército do Paraguai|exército paraguaio]] invadiu a provincia brasileira de [[Mato Grosso]] (na zona coñecida a partir de 1977 como o estado de [[Mato Groso do Sur]]), dando comezo á [[guerra do Paraguai]]. Catro meses despois as tropas paraguaias invadiron territorio [[Arxentina|arxentino]] en forma de preludio dun ataque a [[Río Grande do Sur]].{{sfn|Carvalho|2007|p=109}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=299}}{{sfn|Lira 1977, Vol 1|p=227}}
 
== Declive e derrocamento ==
=== Decadencia ===
[[Ficheiro:Pedro II of Brazil Paris 1887.jpg|miniatura|leftesquerda|200px|Pedro&nbsp;II ós 61 anos de idade, 1887.]]
Durante a década de 1880 o Brasil continuou prosperando e a diversidade social incrementouse de forma notable, incluíndo o primeiro esforzo organizado pola loita polos [[dereitos da muller]].{{sfn|Barman|1999|p=319}} Por outra banda, as cartas escritas por Pedro&nbsp;II nesta época revelan un home cansado do mundo coa idade, e cunha actitude máis illada e pesimista.{{sfn|Barman|1999|pp=298–299}} Mantívose respectuoso co seu deber e seguía sendo meticuloso nas tarefas requiridas pola súa posición imperial, mais habitualmente sen ningún entusiasmo por elas.{{sfn|Barman|1999|p=299}} Por mor da súa indiferenza polo destino do réxime imperial e da súa inacción á hora de apoiar o sistema imperial, os historiadores atribuíron a principal responsabilidade da disolución da monarquía ó propio emperador.{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=126}}{{sfn|Barman|1999|p=399}}
 
 
== Exilio e morte ==
[[Ficheiro:Pedro II 1891 00.png|miniatura|leftesquerda|250px|Pedro coa vestimenta real no seu cadaleito, o 6 de decembro de 1891.]]
Pedro II e a súa familia víronse obrigados a exiliarse a Europa o 17 de novembro de 1889.{{sfn|Carvalho|2007|p=220}} Tareixa Cristina faleceu tres semanas despois da súa chegada ó continente, e a súa familia trasladouse a outro lugar mentres Pedro permaneceu primeiro en [[Cannes]] e posteriormente en [[París]].{{sfn|Carvalho|2007|pp=234–235}}{{sfn|Barman|1999|pp=371, 377}} Pasou os últimos dous anos de vida de forma solitaria e melancólica, vivindo con poucos cartos en hoteis modestos e escribindo no seu diario sobre soños nos que se lle permitía volver ó Brasil.{{sfn|Carvalho|2007|pp=237–238}}{{sfn|Besouchet|1993|p=595}}{{sfn|Lira 1977, Vol 3|pp=156–157}} Nunca apoiou unha restauración da monarquía, afirmando que non tiña desexos de "volver á posición que ocupei, especialmente non por medio dunha conspiración de calquera tipo".{{sfn|Barman|1999|p=380}} A finais de 1891 sufriu unha [[infección]] que progresou rapidamente nunha [[pneumonía]].{{sfn|Carvalho|2007|p=238}}{{sfn|Besouchet|1993|p=29}} A súa saúde empeorou moi rápido e finalmente faleceu ás 00:35 do 5 de decembro de 1891, arrodeado da súa familia.{{sfn|Carvalho|2007|pp=238–239}}{{sfn|Schwarcz|1998|p=489}}{{sfn|Lira 1977, Vol 3|p=165}} As súas últimas palabras foron "Deus me conceda estes últimos desexos —paz e prosperidade para o Brasil".{{sfn|Besouchet|1993|p=30}} Na súa habitación atopouse un paquete selado xunto a unha mensaxe escrita polo propio emperador: "É terra do meu país; desexo que sexa colocada no meu cadaleito, se morro lonxe da miña patria".{{sfn|Schwarcz|1998|p=489}}{{sfn|Calmón|1975|p=1897}}{{sfn|Besouchet|1993|p=604}}
 
== Títulos e distincións ==
=== Títulos ===
[[Ficheiro:Signature of Pedro II of Brazil.png|miniatura|200px|rightdereita|Sinatura de Pedro II nos documentos oficiais.]]
[[Ficheiro:Signed initials of Pedro II of Brazil.png|miniatura|100px|rightdereita|Iniciais asinadas nos documentos oficiais.]]
Pedro recibiu os seguintes tratamentos oficiais ó longo da súa vida:
* 2 de decembro de 1825&nbsp;– 7 de abril de 1831: ''A súa alteza imperial'' o príncipe imperial
393.002

edicións