Alianza Popular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miñato (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
XoseBot (conversa | contribucións)
m ct, cc
Liña 1:
'''Alianza Popular''' (AP) foi unha federación de pequenos partidos conservadores, liderados na sua maioría por ex ministros franquistas: [[Reforma Democrática]] ([[Manuel Fraga Iribarne]]), [[Acción Rexional]] ([[Laureano López Rodó]]), [[Acción Democrática Española]] ([[Federico Silva Muñoz]]), [[Democracia Social]] ([[Licinio de la Fuente y de la Fuente]]), [[Unión do Pobo Español]] ([[Cruz Martínez Esteruelas]]), [[Unión Social Popular]] ([[Enrique Thomas de Carranza]]), [[Unión Nacional Española]] ([[Gonzalo Fernández de la Mora]]) e outros.
 
O seu primeiro secretario xeral e logo presidente en 1979 foi [[Manuel Fraga]], ex ministro de Información e Turismo do goberno do dictadorditador [[Francisco Franco]]. [[Jorge Verstrynge Rojas]] foi elixido secretario xeral en decembro, e foi cesado en 1986 en favor de [[Alberto Ruiz Gallardón]], pasándose aquel ó [[PSOE]]. Durante as primeiras eleccións da [[Transición]] democrática AP representou o "franquismo sociolóxico", e obtivo moi discretos resultados electorais, tiña 25.000 militantes en 1977 <ref>Cambio 16 nº516 (1981)</ref>. En 1977 obtivo o 8,2% dos votos e 16 escanos, que se viron reducidos ó 6% e 10 deputados en 1979 ás que se presentou baixo o nome de [[Coalición Democrática]] (CD) xa sen os sectores máis abertamente franquistas.
 
Tralo afundimento da entón gobernante [[Unión de Centro Democrático]], Alianza Popular formou xunto con algúns dos seus restos ([[Partido Demócrata Popular]] e [[Partido Liberal]]) a [[Coalición Popular]], que se convertiría en 1982 no primeiro partido da oposición, co 26% dos votos e 107 escanos. En 1983 ingresou na [[Unión Democrática Internacional]] formada por partidos de centro dereita. Similares resultados aos de 1982 repetiríanse nas eleccións de 1986, baixando a 105 deputados.