Lord Byron: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxo
+'9iy8h
Liña 16:
|tamaño_sinatura = 230px
}}
okjbgtycfiy7kg9iu8ygh78
'''George Gordon Byron, 6º barón de Byron''' (máis coñecido simplemente como '''Lord Byron'''), nado en [[Londres]] o [[22 de xaneiro]] de [[1788]] e finado en [[Missolonghi]] o [[19 de abril]] de [[1824]], foi un poeta inglés e un dos escritores máis versátiles e importantes do [[Romanticismo]]. Entre os traballos máis coñecidos de Byron están os poemas narrativos ''[[Don Juan (Byron)|Don Juan]]'' e ''[[Childe Harold's Pilgrimage]]'' e o poema curto "[[She Walks in Beauty]]". É considerado un dos grandes poetas británicos, así como un dos máis lidos e influentes.
 
Viaxou para loitar contra o [[Imperio Otomán]] na [[Guerra de independencia de Grecia]], polo cal os [[Grecia|gregos]] reverénciano como o seu heroe nacional.<ref>
{{cita libro
| título = The Diamond of Jannina
| apelido = Plomer
| nome = William
| authorlink = William Plomer
| ano = 1970
| origyear = 1936
| publisher=Taplinger Publishing
| location = New York City
| isbn = 978-0-224-61721-5
| quote = Byron had yet to die to make philhellenism generally acceptable.
}}</ref>
Morreu os 36 anos de idade logo de contraer unha febre en [[Missolonghi]], Grecia.
 
Na súa época, Byron era coñecido polos seus excesos aristocráticos, incluíndo grandes débedas, numerosos namoramentos, murmurios de incesto coa súa medio irmá e o seu exilio autoimposto.
 
== Traxectoria ==
Era fillo do capitán John "Mad Jack" Byron e a súa segunda esposa Lady Catherine Gordon. O pequeno George, coxo de nacemento, viviu e estudou na cidade escocesa de [[Aberdeen, Escocia|Aberdeen]] ata os 10 anos. De volta en Londres, estudou no colexio de [[Harrow]] e a [[Universidade de Cambridge]]. En 1798, ao morrer o seu tío avó William, quinto barón [[Byron]], herdou o título e as propiedades.
 
En 1807 publicouse o seu libro de poemas ''[[Hours of Idleness]]''. En [[1809]] ocupou un escano na [[Cámara dos Lores]] e emprendeu unha viaxe de dous anos por [[España]], [[Portugal]] e [[Grecia]].
 
A publicación en [[1812]] dos dous primeiros ''[[Childe Harold's Pilgrimage]]'', poemas que narran as súas viaxes por Europa, leváronlle á fama. En [[1815]], ano en que publicou ''[[Hebrew Melodies]]'', casou con Anna Isabella Milbanke, quen o abandonou en [[1816]] tras dar a luz á única filla lexítima do poeta, [[Ada Lovelace|Augusta Ada]]. Os rumores sobre as súas relacións incestuosas coa súa media irmá Augusta e as dúbidas sobre a súa cordura provocaron o seu ostracismo social. Amargado profundamente, Byron abandonou Inglaterra en 1816 e nunca volveu.
 
=== Viaxes ===
Na España absolutista de [[Fernando VII]] e nunha América hispana que loitaba pola súa emancipación, a vida e obra de Byron tiveron unha grande influencia e serviron de inspiración aos poetas do Romanticismo.
 
En [[1824]], foi a [[Grecia]] a loitar contra os [[turcos]]. Alí contraeu [[malaria]]. Os médicos preescribíronlle unhas [[Flebotomía|sangrías]], ao que el se negou. Días despois, extenuado pola enfermidade e chamándolles carniceiros, permitiu aos médicos sacarlle todo o [[sangue]] que desexasen, o dezaseis de abril practicaron a primeira sen bo resultado. Ao día seguinte realizaron outras dúas. Testemuñas presenciais aseguraron que, en total, lle extraeron uns dous [[litro]]s de sangue.
 
== Obra ==