Herma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Homoxeneización de == Ligazóns externas == e == Véxase tamén ==
XoseBot (conversa | contribucións)
m Ademáis -> Ademais
Liña 18:
As hermas máis antigas consistían nunha base dunha [[columna]] sobre a que se colocaba unha cabeza. Orixinariamente estaban provistas dun falo e dunha especie de comezo de brazos e servían como imaxes de culto do barbudo [[Hermes]], deus dos camiños, nas encrucilladas e lugares semellantes. Desde moito antes estas columnas tiñan relación coa fertilidade.
 
Xa en tempos arcaicos había bustos sobre unha base cadrada, que sería o equivalente a unha columna corta, sen relación directa co culto a Hermes. Eran amiúdo relativamente pequenas e costumaban servir como obxectos de culto doméstico. Xa no [[século -V|século V]] a.C. aparecian nesta forma outros deuses ademáis de Hermes, permanecendo no entanto o nome de "herma". AdemáisAdemais do uso privado, as hermas eran tamén obxectos de exposición e representación. Un bon exemplo é a coñecida herma de [[Temístocles]] de [[Ostia]]. Posteriormente, estas esculturas achéganse máis e máis á forma dos bustos que serían empregados con frecuencia nos retratos artísticos romanos. Nestes, e a diferenza do que acontecía coa maioría das hermas, vólvense a esbozar uns ombreiros co arrinque duns brazos.
 
AdemáisAdemais de políticos, consérvanse hermas de filósofos e poetas, como por exemplo, de [[Teofrasto]], mestre de [[Menandro]].
 
[[Image:Herodot und Thukydides.jpg|right|thumb|Busto dobre de [[Herodoto]] e [[Tucídides]].]]