Pobo bosníaco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Enuso}}
{{Pobo|group=Bosniaks<br>''Bošnjaci''}}
Os '''bosníacos'''<ref>{{DRAG|bosníaco}}</ref> (en {{lang-bs|Bošnjaci}}, singular masculino: ''Bošnjak'', feminino: ''Bošnjakinja'') son unha nación e grupo étnico [[Pobos eslavos|eslavo]] que habita principalmente en [[Bosnia e Hercegovina]]. Unha minoría nativa de bosníacos vive noutros países dos [[Balcáns]], especialmente na rexión de [[Sandžak]] de [[Serbia]] e en [[Montenegro]] (onde os bosníacos forman unha maioría rexional), así como en [[Croacia]] e [[Kosovo]]. Os bosníacos caracterízanse pola súa adherencia á relixión musulmá dende os s séculos XV e XVI, pola súa cultura común e pola [[lingua bosníaca]].
 
Arredor de dous millóns de bosníacos viven nos Balcáns, cunha poboación dun millón máis de bosníacos noutras partes do mundo. O [[Xenocidio bosníaco|xenocidio e limpeza étnica]] durante a [[Guerra de Bosnia]] (1991–95) tivo un forte efecto na distribución territorial da poboación. En parte por mor disto<ref>Committee on Foreign Relations, US Senate, The Ethnic Cleansing of Bosnia-Hercegovina, (US Government Printing Office, 1992)</ref> existe unha significativa disápora bosníaca en varios países, incluíndo [[Austria]], Alemaña, [[Turquía]], [[Australia]], [[Suecia]], o [[Canadá]] e os [[Estados Unidos de América]].