As Pontes de García Rodríguez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 181:
Segundo o [[Catastro de Ensenada]] de [[1752]], residían por aquel entón, no casco urbano pontés, pouco máis de douscentos habitantes e cerca de mil no resto do concello. A vila dispuña dun Hospital para recoller, dar pousada e asistir a pobres, peregrinos e viandantes. O edificio, cuxo recordo dá nome á praza principal das Pontes, seguiu sendo hospital ata mediados do [[século XIX]] e escola ata a segunda década do [[século XX]], no que foi derruído por orde municipal. A finais do [[século XVIII]] [[José Cornide Saavedra]] comunica á [[Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago]] a existencia nas Pontes de García Rodríguez de xacementos de [[lignito]].<ref name="moderna">{{cita web|url=http://www.aspontes.com/gal/as-pontes/historia/get/epoca-moderna/|páxina-web=Concello das Pontes de García Rodríguez|título=Época moderna|dataacceso=27 de marzo de 2015|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20150418163508/http://www.aspontes.com/gal/as-pontes/historia/get/epoca-moderna/|data-arquivo=18 de abril de 2015|urlmorta=si}}</ref> En [[1860]] levantaríase unha nova ponte construída na época de [[Isabel II de España]] e de quen recibe o nome.<ref name="pontesdaspontes"/>
 
Nos anos 1950 e 1960 a empresa nacional [[ENCASO]] foi a responsable da construción dunha [[central térmica]] de 32&nbsp;[[Watt|MW]] e dunha fábrica de [[fertilizante]]s, así como do comezo da explotación da mina de lignito e a construción do [[Encoro da Ribeira]]. Isto supuxo un aumento considerable da poboación por mor da necesidade de man de obra, e a creación do poboado das Veigas para a asignación de vivendas aos traballadores.<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos1=Orjales|nome1=M. N.|apelidos2=López|nome2=M. S.|ano=2012|título= El poblado industrial Das Veigas en As Pontes de García Rodríguez (A Coruña): evolución histórica, problemática urbanística y jurídica|lingua=es|revista=De re metallica|lugar=Madrid|editorial=Sociedad Española para la Defensa del Patrimonio Geológico y Minero|número=18|páxinas=43-54}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|título=Paternalismo industrial e vivenda na España franquista: O poboado industrial das Veigas nas Pontes de García Rodríguez|nome=Manuel|apelidos=Souto López|revista=Cátedra: revista eumesa de estudios|ISSN=1133-9608|número=20|ano=2013|páxinas=273-316|url=http://catedra.pontedeume.es/20/catedra2007.pdf}}</ref> A comezos da década de 1970 [[Endesa]] comezou a construción da súa [[Central térmica das Pontes]] de 1400&nbsp;mWMW, que xunto a explotación da mina de lignito marcou o desenvolvemento industrial do concello durante a segunda metade do século XX,<ref>{{Cita libro|título=Endesa en su historia|editorial=Fundación Endesa|ano=2010|isbn=9788461459063|páxina=123|lingua=es}}</ref><ref name="VozPlanInd"/> ademais de influír no desenvolvemento urbanístico da vila coa creación de varios novos poboados como os da Magdalena, Anguieiro, Barreiro e o da Fraga.<ref>{{cita libro|capítulo=Los poblados industriales gallegos en la recuperación de la modernidad|lingua=es|nome-editor=Miguel Ángel|apelidos-editor=Álvarez Areces|título=Vivienda obrera en la ciudad industrial del siglo XX|editorial=TICCIH España|lugar=Xixón|ano=2015|pp=67-70|isbn=978-84-943-556-2-2|apelidos=Río Vázquez|nome= Antonio Santiago|hdl=2183/16260}}</ref>
 
No ano 1982 anexionáronse ó concello as 6 parroquias máis próximas do concello da [[A Capela|Capela]] ([[Espiñaredo, As Pontes de García Rodríguez|Espiñaredo]], [[Goente, As Pontes de García Rodríguez|Goente]], [[Ribadeume, As Pontes de García Rodríguez|Ribadeume]], [[Bermui, As Pontes de García Rodríguez|Bermui]], [[A Faeira, As Pontes de García Rodríguez|A Faeira]], [[San Pedro de Eume, As Pontes de García Rodríguez|San Pedro de Eume]] e [[O Seixo, O Freixo, As Pontes de García Rodríguez|O Seixo]]),<ref name=PXOM2013>{{cita informe|título=Plan Xeral de Ordenación Municipal Das Pontes De García Rodríguez|autor=JORNET-LLOP-PASTOR SLP.|editorial=Concello de As Pontes de García Rodríguez|ano=2013|url=http://docs.aspontes.org/docs/pxom/pxom_memoria-2013.pdf|tipo=Documento de inicio}}</ref><ref name="normasplaneamento">{{cita informe|título=Normas Subsidiarias de Ordenación Municipal|tipo=Memoria|data=1985|autor=Comisión Provincial de Urbanismo|lingua=es|editorial=[[Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas]]. [[Xunta de Galicia]]|url=http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ASPONTES/documents/0329ME002.PDF}}</ref> feito que contribuíu xunto á construción da central térmica a que o concello acadase o seu punto de maior expansión territorial e maior poboación.<ref name=PXOM2013/> Dende entón o concello sufríu un declive industrial e poboacional, particularmente destacado tralo peche da mina de carbón por parte de Endesa no ano 2008.<ref name=PXOM2013/>