Aviador Dro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 39:
Gravan varios EPs e un LP: ''Alas sobre el mundo''. Jesús N. Gómez grávalles no seu estudo Doublewtronics e permítelles pagar a gravación en prazos mensuais. Tardan máis dun ano en pagalo. Ningunha compañía interésase en editalos.
 
Arcoiris, membro de [[Los Iniciados]], entra no grupo. En 1982 Fundan D.R.O. ([[Discos Radioactivos Organizados]]) para editar os seus propios discos. Grazas ao éxito inicial (editan a [[Siniestro Total]], [[Glutamato Ye-Yé]], [[Gabinete Caligari]], [[Loquillo]], [[Los Nikis]], [[Nacha Pop]], [[Decibelios]], [[Alphaville (grupo musical)|Alphaville]], [[Def Con Dos]] e a outros moitos) DRO convértese na primeira compañía independente.
 
Editan ''Selector de frecuencias'', que se converte no seu primeiro éxito real de radio e vendas. En 1983 editan o dobre LP ''Síntesis'', que inclúe "Tesis" e "Antítesis", e un libreto (Síntese da revolución dinámica). É a época máis activa do Aviador en canto a concertos. O Aviador toca por toda España e día a día crece a súa Rede Organizada de Mutantes ( R.O.M.). Fans adictos ao futuro con quen intercambian información.
 
En 1985 editan ''Cromosomas Salvajes''. Discos Radioactivos convértese nun fenómeno da Industria Discográfica española. A súa facturación colapsa a capacidade dos Obreros e termina destruíndo o 2º equipo. Márchanse Fox Cycloide e Derfex Tipo IARR. BIOVAC pasa a ser a nova voz da técnica aínda que xa cantara en ''Selector de Frecuencias'', ''Baila la Guerra'', ''Cita en el Asteroide'' e outras. Editan ''Ciudadanos del Imperio'' (1986). Entran para apoiar os concertos en directo REP (membro de [[Alphaville (grupo musical)|Alphaville]]) e Laser 2.000 (irmán de Derflex). Concertos con [[Stranglers]] e [[David Bowie]].
 
En 1988 sacan á venda ''Ingravidez''. Biovac e Arcoiris deixan DRO ante o seu crecemento desmesurado e a diferenza de obxectivos cos seus compañeiros. O terceiro equipo de Obreros disgrégase como consecuencia da súa marcha: Xe, Placa Tumbler e Laser 2.000 marchan tamén. Entran REP (como membro fixo) e Genocyber F15 (Mario Gil, de [[Paraíso (banda)|Paraíso]] e [[La Mode]]). A cuarta formación son Biovac, Arcoiris, Genocyber e REP, que realizan a última xira do Aviador Dro ata a data: "A xira magnética", presentación do novo selo discográfico de Biovac e Arcoiris, "La Fábrica Magnética", na que participan [[Seguridad Social]], [[Surfin' Bichos]] e outros.