Diferenzas entre revisións de «Camille Claudel»

m
m (→‎Auguste Rodin: Acentuación)
m (→‎Declive: Idioma)
 
== Declive ==
A partir de aí, sufriu sucesivas crises nerviosas que agudizarán cada vez máis e comezou a destruír as súas obras. Non tivo apoio familiar, xa que a súa nai e a súa irmá seguían sendo hostís ásá súa forma de vida e o seu irmán Paul estaba lonxe. O único que apoiaba a Camille era o seu pai, quen se negou reiteradamente a internar áa súa filla como lle pedían os seus familiares directos.
 
O 3 de marzo de [[1913]] morreu o seu pai. O 10 de marzo a súa nai decidiu internala no sanatorio de Ville-Evrard e en xullo en Montdevergues, manicomio do cal, a pesar da súa recuperación e os seus lúcidos e desgarrados rogos ó seu irmán Paul, nunca saíu. Pechada pasou os derradeiros trinta anos da súa vida. A familia prohibiu que recibirarecibise visitas e nunca foron vela. Faleceu en 1943 e foi enterrada nunha tumba sen nome, só cos números 1943 -n392, no pequeno cemiterio da institución mental de Montdevergues. Á morte de Paul Claudel en 1955, ergueuse o veto que existía na familia sobre Camille e os descendentes quixeron dar unha tumba digna a Camille Claudel. Escribiron a Montdevergues solicitando a situación da tumba e a exhumación para o seu traslado. A institución contestou que a tumba desaparecera, xa que a institución necesitara unha serie de ampliacións e se utilizaran os terreos do pequeno cemiterio onde se enterraban os pacientes esquecidos polas súas familias<ref>Manuel Vicent, El País (3 de abril de 2010). «El beso de mármol de Camille Claudel». Consultado o 23 de xaneiro de 2013.</ref>.
 
En 1988 estreouse a película francesa ''Camille Claudel'', dirixida por Bruno Nuytten e con [[Isabelle Adjani]] e [[Gérard Depardieu]] nos papeis principais de Camille Claudel e Auguste Rodin.
12.252

edicións