Camille Claudel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
Lles (conversa | contribucións)
m →‎Auguste Rodin: Acentuación
Liña 12:
Produciuse entre ambos un clima de colaboración e enfrontamento que enriqueceu o labor mutuo. A pesar da paixón, a relación entre Rodin e Camille é complicada, conflitiva e con interrupcións e crises<ref>Museo Rodin. «Cronología de Auguste Rodin». Consultado o 23 de xaneiro de 2013.</ref>.
 
Frecuentaron xuntos os ambientes artísticos e culturais máis importantes do París da época e pasaron xuntos longos períodos forafóra da cidade, pero Rodin está unido sentimentalmente a outra muller, Rose Beuret, á que non ten intención de abandonar para casar con Camille. Esta situación será a inspiración dunha das obras máis importantes de Camille: A Idade Madura<ref>Museo de Orsay. «Camille Claudel, La edad madura». Consultado o 23 de xaneiro de 2013.</ref>. Nesta escultura vemos representada a escena de Camille de xeonllos e suplicante, dirixindo as súas mans cara a Rodin, quen lle da as costas mentres unha muller medio anxo-medio meiga, que representa a Rose Beuret, lévao.
 
Unha vez rota a súa relación co escultor, entra na súa vida [[Claude Debussy]], pero tamén el está unido a outra muller. Mentres, as súas obras alcanzan certo éxito e aparecen con frecuencia artigos sobre ela nas revistas de arte. Nesta época de crise emocional, Camille péchase no seu taller e afástase do mundo. En decembro de 1905, Camille realizou a súa última exposición.