Abrir o menú principal

Cambios

Compartiu a responsabilidade dos asuntos de Estado con [[valido]]s, entre os que destacaría [[Gaspar Guzmán Pimentel|Gaspar de Guzmán, conde-duque de Olivares]], que tentou realizar unha política exterior que buscaba manter a hexemonía española en [[Europa]]. Tamén destaca o seu segundo valido, [[Luis Méndez de Haro]], sobriño de Olivares.
=== Etapa do Conde-duque de Olivares (1621-43) ===
[[Ficheiro:Count-Duke of Olivares.jpg|miniatura|''[[O Conde-Duque de Oliveirais da cabalo]]'' ( c. [[1634]]), cadro de [[Diego Velázquez]], exposto no [[Museo do Prado]].]]
Cando se aproximaba o fin do reinado de [[Filipe III de España|Filipe III]], as intrigas palaciegas disputábanse a confianza do futuro rei, o [[príncipe de Asturias]] que chegaría a ser Filipe IV. O valido do rei, o [[Ducado de Lerma|duque de Lerma]], loitaba por obter o favor do monarca co apoio do seu xenro, o [[Pedro Fernández de Castro y Andrade|conde de Lemos]] e do seu primo, [[Fernando de Borja]], gentil home da cámara do príncipe, fronte aos seus dous fillos, o [[Cristóbal Gómez de Sandoval y de la Cerda|duque de Uceda]] e o [[Condado de Saldaña|conde de Saldaña]]. Olivares, que durante tanto tempo fora un personaxe illado naquela casa, converteuse nun estreito aliado dos fillos contra o seu pai.
 
 
Tras a morte do rei en [[1621]] debido a unhas febres que contraeu en [[1619]] ao regreso dunha viaxe a [[Portugal]], onde o seu fillo fora xurado como herdeiro da coroa portuguesa, o novo rei Filipe IV escolleu ao [[Gaspar Guzmán Pimentel|Conde-duque de Olivares]] como valido.
==== Política interior ====
[[Ficheiro:0 Philippe IV - Gaspar de Crayer - New York, Metropolitan Museum of Art.jpg|miniatura|Felipe IV (c. 1627-1628), cadro de [[Gaspar de Crayer]], exposto no [[Museo Metropolitano de Arte]] ([[Nova York]]).]]
Durante a súa etapa como valido, o conde-duque realizou unha serie de reformas para poder manter a hexemonía en [[Europa]]. Estes cambios concretáronse en catro aspectos: reformar a vida pública, fomentar a economía, mellorar a facenda e impulsar a formación dun exército común.
 
O valido tentou impoñer as leis e costumes castelás no seu propósito de unir a monarquía hispánica nunha comunidade nacional, cunha fiscalidade, [[Administración pública|administración]] e [[dereito]] comúns. Pero non alcanzou o seu propósito debido á oposición da nobreza ás novas propostas do valido.
 
== Nupcias e descendentes ==
99.596

edicións