Poruchik Kizhe (Prokofev): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-desenrolo +desenvolvemento); cambios estética
Elisardojm (conversa | contribucións)
amaño refs. segundo conversa
Liña 35:
En 1927, desenvolvementos posteriores na tecnoloxía do son posibilitaron a aparición das «imaxes parlantes». Ao principio, a música de acompañamento gravábase en disco de xeito separado das imaxes, mais en dous anos o sistema «Movietone» permitiu capturar o son na propia cinta do filme.{{sfn|Hanson 1998}} Xa era posible aliñar a música coa acción en pantalla seguindo un enfoque diexético. Os primeiros en empregar este método foron os alemáns [[Friedrich Hollaender]] e [[Karol Rathaus]], que compuxeron a música para os filmes ''[[Der blaue Engel]]'' (1930) e ''[[Der Mörder Dimitri Karamasoff]]'' ([[1931]]).{{sfn|Cooke: "Film Music" 2007}} Daquela, na Unión Soviética, [[Dmitri Shostakovich]] comezara unha prolífica carreira como compositor de bandas sonoras, cos filmes ''[[Novyy Vavilon]]'' ([[1929]]) e ''[[Odna]]'' (1931).{{sfn|Cooke: "Film Music" 2007}}{{sfn|Soviet era music: Shostakovich}}
 
En [[1932]] os estudios cinematográficos Belgoskino de Leningrado,{{refn|Os estudios Belgoskino trasladáronse a Minsk en [[1938]] e foron renomeados como Belarusfilm.{{sfn|Belarus Cinema}} |group="lower-alpha"}} que se encontraban planificando o seu proxecto do filme ''[[Poruchik Kizhe (filme)|Poruchik Kizhe]]'', recorreron ao expatriado Prokofev para a música do filme. A elección de Prokofev foi sorprendente por varios motivos: daquela era máis coñecido no estranxeiro que dentro da Unión Soviética e a súa fama como compositor disonante precedíalle. Ademais, o seu ballet ''Le pas d’acier'' fracasara por completo na súa estrea nacional no [[Teatro Bolshoi]] en 1929.{{sfn|Jaffé|2014}} A primeira reacción do compositor ruso foi a de rexeitar o encargo. Un membro da produción lembra que Prokofev «rexeitou de xeito categórico a miña proposta. Tiña gran parte do seu futuro xa programado, xamais escribira música para filmes e non sabía que "tipo de salsa" levaban».{{sfn|Robinson|19981987|p=268}} Mais, atraído pola historia, Prokofev mudou rapidamente de parecer e aceptou, vendo o seu primeiro proxecto no mundo da música para longametraxes como unha oportunidade para probar a súa habilidade para gustar ao público de masas soviético.{{sfn|Jaffé|1998|pp=129–32}}{{sfn|Robinson|19981987|p=278}}
 
== Filme de 1933 ==
{{AP|Poruchik Kizhe (filme)}}
=== Orixe ===
O filme ''[[Poruchik Kizhe (filme)|Poruchik Kizhe]]'' foi un dos primeiros filmes sonoros producidos na Unión Soviética.{{sfn|Jaffé|2014}} A orixe da historia hai que buscala no guión de 1927, obra do crítico e novelista [[Yury Tynyanov]], para o director de cine soviético [[Sergei Yutkevich]]. Este proxecto non chegou materializarse e Tynyanov adaptou o texto nunha novela curta que publicouse en [[xaneiro]] de [[1928]]. A comezos da década de 1930, os estudios Belgoskino de Leningrado comunicaron o seu interese en producir o filme e acudiron a Tynyanov, quen produciu un segundo guión.{{sfn|Yampolski|1998|p=193}} A historia, en palabras do biógrafo de Prokofev, Harlow Robinson, é «unha sátira da estupidez da realeza e o pavor particular dos rusos de desagradar ao seu superior».{{sfn|Robinson|19981987|p=278}} Prokofev considerábase a si mesmo daquela «obstinado e temeroso de caer no academicismo»;{{sfn|Howard|2015}} un crítico posterior pensou que a historia de Kizhe era perfecta para «un compositor cun enxeño cáustico e humor agudo».{{sfn|McBurney|2015}}
 
=== Argumento ===
Liña 49:
 
=== Música ===
A pesar da súa inexperiencia na composición de música cinematográfica, Prokofev comezou a traballar na partitura de Kizhe con confianza. Posteriormente afirmou que, «de algún xeito non tiña dúbidas sobre o tipo de linguaxe musical que quería empregar para o filme».{{sfn|Shilfstein|2000|p=83}} Díxolles aos produtores, «para min, o importante é a época, o significado intrínseco de cada evento, a personalidade de cada heroe», e advertiulles de que non esperaran simples «ilustracións» musicais.{{sfn|Robinson|19981987|p=278}} Prokofev sentiuse atraído polo corte histórico do filme; Robinson comenta que a partitura de Kizhe é unha obra que, xunto coa ''[[Sinfonía n.º 1 (Prokofev)|Sinfonía Clásica]]'', ''[[L'Amour des trois oranges]]'', ''[[Zolushka]]'' e ''[[Voyna i mir]]'', mostra «a debilidade do compositor polo século XVIII».{{sfn|Robinson|19981987|p=131}} A linguaxe que escolleu combinaba elementos en clave de humor e romance cunha melancolía subxacente, dado que el vía a historia máis tráxica que cómica.{{sfn|Robinson|19981987|p=278}} En París en 1928, Prokofev asistiu á interpretación do ''[[Boléro]]'' de [[Maurice Ravel|Ravel]] e quedouse abraiado polo emprego que o compositor francés facía do [[saxofón]], un instrumento que rara vez era empregado en composicións orquestrais fora de Francia pero que se adaptaba como anel ao dedo ao que Prokofev quería.{{sfn|Shilfstein|2000|p=108–09}} O compositor [[Gerard McBurney]] destaca os «inesquecibles sons do saxofón tenor» que acompañan a música de ''Kizhe''.{{sfn|McBurney|2015}}
 
O crítico Ernest Chapman alaba a partitura como «infaliblemente enxeñosa e melódica».{{sfn|Chapman|1964|pp=26–29}} Comprende só 15 minutos de música, escrita como unha colección de dezaseis fragmentos curtos ou [[leitmotiv]]s que se repiten no momento preciso ao longo do filme, para subliñar determinados momentos do drama.{{sfn|Jaffé|2014}}{{sfn|Bartig|2007}} Este enfoque afastábase dos movementos sinfónicos amplos que eran norma entón, e Daniel Jeffe, biógrafo de Prokofev descríbeo como «algo avanzado para a época, unha das [[Banda sonora orixinal|bandas sonoras]] máis populares da época».{{sfn|Jaffé|2014}}
Liña 128:
==== O funeral de Kizhe ====
 
O último movemento é unha mestura dos temas anteriores evocando os diferentes acontecementos na vida ficticia de Kizhe.{{sfn|Hazlewood, BBC 2014}} A fanfarria de corneta, o leitmotiv de Kizhe,{{sfn|Jaffé|2014}} así como ‘’A pequena pomba gris está arrulando’’, esta vez emparellada coa música da voda, regresan ao longo do mesmo.{{sfn|Hazlewood, BBC 2014}} Orrin Howard, nas notas do programa para [[Los Angeles Philharmonic]] describe o final como unha despedida emotiva cargada de anhelo que culmina cunha rendición afastada da fanfarria.{{sfn|Howard|2015}}{{refn|Prokofev arranxou "A pequena pomba gris" e "Troika" para voz solista e piano, publicadas xuntas como o seu Op. 60-''bis'' en 1934.{{sfn|Shilfstein|2000|p=294}}{{sfn|Robinson|19981987|pp=278–79}} |group="lower-alpha"}}
 
=== Recepción, interpretacións e adaptacións posteriores ===
Liña 134:
Prokofev dirixiu a estrea da suite nunha retransmisión pola radio de Mosova o 21 de decembro de 1934.{{sfn|MacDonald|2013|p=35}}{{sfn|Oxford Music Online}} A estrea nos Estados Unidos tivo lugar o 14 de [[outubro]] de [[1937]], coa [[Orquestra Sinfónica de Boston]] baixo a batuta de [[Sergei Kusevitski]];{{sfn|Steinberg 2015}} esta interpretación foi o xermen da primeira gravación comercializada, que se puxo á venda ao ano seguinte.{{sfn|McNaught|1942|p=16}} Mentres Prokofev estaba nos Estados Unidos para a estrea de Boston, recibiu numerosos encargos de produtores de filmes, mais aínda que se sentiu alagado e atraído polas súas ofertas non comporía música para unha produción de Hollywood.{{Sfn|Robisnon|1998|p=344|pp=}} A suite fíxose popular con rapidez, especialmente nos Estados Unidos; o coreógrafo [[Michel Fokine]] empregou a súa música para o seu ballet ''[[Russkii soldat]]'' (en [[Lingua rusa|ruso]] ''Русский солдат'', traducible ao galego como ''Soldado ruso''), interpretado na [[Boston Opera House (1909)|Boston Opera House]] o 23 de xaneiro de [[1942]].{{sfn|American Ballet Theatre}} Outra versión posterior de ''Poruchik Kizhe'' ideouse para o Ballet do Bolshoi de Moscova en [[1963]], por [[Alexander Lapauri]] e [[Olga Tarasova]], con [[Raissa Struchkova]] nun papel principal.{{sfn|Struchkova obituary 2005}}
 
O crítico musical David Gutman calificou a suite como «unha das composicións máis populares (de Prokofev) actualmente e unha das máis logradas».{{sfn|Gutman|1988|p=110}} Robinson opina que a suite de ''Kizhe'' é unha das súas mellores composicións, xunto con ''[[Romeo i Dzhuletta]]'' e o [[Concerto para violín n.º 2 (Prokofiev)|''Concerto para violín n.º 2'']] como «accesible, simple e melódica».{{sfn|Robinson|19981987|p=266}} No libro ''Essential Canon of Classical Music'' ([[2001]]), [[David Dubal]] recalca como a música de ''Kizhe'' calou na cultura popular: «Partes e anacos empréganse por doquier».{{sfn|Dubal|2001|p=388}} A súa andaina como banda sonora comeza na década de 1930, posteriormente empregáronse partes da suite noutros filmes como a británica ''[[The Horse's Mouth]]'' ([[1958]]),{{sfn|Bartig|2013|p=34}} e en ''[[Love and Death]]'', unha parodia de [[Woody Allen]] de [[1975]] sobre a literatura rusa.{{sfn|Harvey|2007|p=75}} No mundo da música pop, a ''Troika'' adaptouse en varias ocasións, comezando en 1958 como "Midnight Sleighride", un arranxo para banda de [[jazz]] de [[Eddie Sauter]] e [[Bill Finegan]].{{sfn|AllMusic: New Directions in Music}} En 1975 a ''Troika'' serviu de base para unha exitosa canción, ''I Believe in Father Christmas'' de [[Greg Lake]],{{sfn|Jaffé|2014}} e en [[1985]] [[Sting]] empregou o tema principal do movemento «Romance» na súa canción pacifista ''Russians''.{{sfn|Gable|2009|p=25}}
 
=== Gravacións ===
Liña 285:
| nome= Harlow (ed.)
| lingua=en
| título= SelectedSergei lettersProkofiev: ofa Sergei Prokofievbiography
| url= https://books.google.co.uk/books?id=B4OwGYrpBBoCP_8HAQAAMAAJ&q=%27what+kind+of+sauce%27+Prokofiev&dq=%27what+kind+of+sauce%27+Prokofiev&hl=en&sa=X&ved=0ahUKEwjZr8CyvOTYAhWnIMAKHbcaDYMQ6wEIKjAA
| editorial= Northeastern UniversityViking Press
| lugar= [[BostonNova York]]
| ano= 19981987
| isbn= 1978-555530-34767080-7419-1
| ref= harv}}
* {{Cita libro