Rub al-Khalí: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
m interwiki
conflito
Liña 1:
Parte do [[Deserto de Arabia|deserto arábigo]] de 580 .000 quilómetros cadrados nos estados de [[Iemen]], [[Omán]], [[Emiratos Árabes Unidos]] e [[Arabia Saudí]], tamén chamado "a media lúa baleira". O significado orixinal da súa denominación en árabe é "cuarto desertico" e polas súas estremas transitan beduínos comerciantes (alí chamados ''bedus'') das tribos de Saar, Raxid, Manahil, Mahrah, Auamir, Baniiás e Dauasir. Rara vez é cruzado directamente (salvo por aventureiros na época colonial: [[Charles Doughty]], [[Anne Blunt]], [[sir Richard Burton]], [[Gertrude Bell]], [[T. E. Lawrence]], [[Bertram Thomas]], etc.)
 
Inda que tén unha boa parte de afloramentos rochosos e chairas de xabre, coñécese tamén por "as areas" pola súa extensión de area, que o converte no mar de area máis extenso do mundo, con [[dunas]] de ata 250 metros de alto. Mais o seu subsolo agocha outra riqueza: nos anos 1930 descubríronse uns xacementos de petróleo debaixo do deserto e creouse a Arabian-American Oil Company (Aramco) para a súa comercialización. Agora esta empresa xa non tén capital norteamericano e isto fornece enormes beneficios ó estado saudí, que conta cunha das maiores rentas per cápita do mundo gracias a isto. As exploracións ulteriores aínda amosaron máis xacementos ([[Xaibah]] en 1990, de 775 quilómetros cadrados e con catorce mil millóns de barrís de crudo [[Arab]], un dos mellores do mundo) e polo deserto trazáronse oleoductos de ata 635 quilómetros (construídos por 14.000 operarios) ata a refinería de Abqaiq.
Liña 10:
* gritar "salamu galaikum" (a paz sexa contigo) varias veces axitanto a man dereita para amosar que se vai desarmado;
* coller area e lanzala polo aire coa man dereita, xesto de paz en Arabia Saudí;
Esta tradición espállase tamén á compaña dos membros das tribos coas que haxa conflictoconflito, obrigando a unha lei da hopitalidade que tamén se estende ó [[deserto do Sáhara]].
 
==Referencias==