Diferenzas entre revisións de «Reino de Iugoslavia»

sen resumo de edición
(engado control de autoridades)
 
== Formación ==
Trala disolución do [[Imperio Austrohúngaro]], a idea de crear unha nación para os [[eslavo]]s nos [[Balcáns]] cobrou impulso e apoio da comunidade internacional. O [[29 de outubro]] de [[1918]] estableceuse o [[Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios]], cuxo obxectivo era abranguer tódolos territorios eslavos que o Imperio Austrohúngaro dominara. Porén, os [[Pobo serbio|serbios]] da [[Voivodina]] e a [[Sirmia]] opuxéronse a isto, e achegaron os seus territorios ao [[Reino de Serbia]]. O [[Triplo Acordo]] non recoñeceu este estado, e os seus gobernantes tiveron que solicitar a súa anexión ao Reino de Serbia o [[1 de decembro]] de 1918, que a partir de entón pasou a chamarse [[Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos]] (Latín [[serbocroata]]: ''Kraljevina Srba, Hrvata i Slovenaca'' [[cirílico]]: ''Краљевина Срба, Хрвата и Словенаца'', [[Esloveno]]: ''Kraljevina Srbov, Hrvatov in Slovencev'', [[Macedonio]]: ''Кралство на Србите, Хрватите и Словенците'', nome curto ''Kraljevina SHS, Краљевина СХС'').
 
== Historia ==
226.184

edicións