Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
O '''serbocroata'''<ref>{{DRAG|serbocroata}}</ref> ou '''bosníaco-croata-serbio''', é unha [[linguas eslavas|lingua eslava]] a falada principalmente en [[Serbia]], [[Montenegro]], [[Croacia]] e [[Bosnia e Hercegovina]]. É unha [[lingua pluricéntrica]] con catro variedades estándar mutuamente intelixibles.
 
Historicamente, os dialectos eslavos meridionais formaron un [[continuo dialectal]]. A turbulenta historia da área, particularmente despois da expansión do [[Imperio Otomán]], deu lugar a un mosaico de diferenzas dialectais e relixiosas. Por mor das migracións de poboación, o dialecto ''štokavski'' converteuse no máis estendido nos [[Balcáns]] occidentais, introducíndose nas áreas ocupadas polos dialectos ''čakavica'' e ''kajkavica'' (ó tempo que formaba a [[lingua eslovena]] no noroeste). [[Pobo bosníaco|Bosníacos]], [[Pobo croata|croatas]] e [[Pobo serbio|serbios]] diferéncianse pola relixión, e historicamente estiveron baixo o poder de señores estranxeiros. Durante este período, a lingua tiña gran variedade de nomes, como "eslavo", "ilirio", ou dependendo da rexión "bosníaco", "serbio" e "croata", este último en combinación con "eslavonio" ou "dálmata".
 
== Dialectos ==
193.049

edicións