Guerra de Bosnia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
Coñécese como '''guerra de Bosnia''' o conflito internacional que se desenvolveu na actual [[Bosnia e Herzegovina]] do [[6 de abril]] de [[1992]] ao [[14 de decembro]] de [[1995]], e que foi causada por unha complexa combinación de factores políticos e relixiosos: exaltación nacionalista, crises políticas, sociais e de seguridade que seguiron ao final da [[guerra fría]] e a caída do [[comunismo]] na antiga [[Iugoslavia]].
 
Ao desintegrarse Iugoslavia en [[1991]], coa independencia de [[Croacia]] e [[Eslovenia]], líderes nacionalistas [[serbobosnio]]s como [[Radovan Karadzić]] e [[SerbiaPobo serbio|serbios]] como [[Slobodan Milošević]] marcáronse como obxectivo principal que todos os serbios -diseminados poas distintas [[república]]s que compoñían Iugoslavia- viviran nun mesmo país. En febreiro de 1992, o pobo de [[Bosnia e Herzegovina]] decide en referendo a súa independencia da [[República Federal Socialista de Iugoslavia]], nunha votación boicoteada polos [[serbobosnio]]s.<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2006/05/22/internacional/1148265955.html Cronoloxía da desintegración. Diario ''El Mundo'' (España)]</ref> A sección do [[Exército Popular Iugoslavo]] en Bosnia e Herzegovina, fiel ao referendo, organizouse no [[Exército da República Bosnia e Herzegovina]] (ARBiH), mentres que os serbios formaron o [[Exército da República Srpska]] (VRS). Nun principio os serbios ocuparon o 70 % do territorio de Bosnia e Herzegovina pero, ao unir as súas forzas o [[Consello Croata de Defensa]] e o [[ARBiH]], a guerra tomou outro rumbo e as forzas serbias foron derrotadas na [[Batalla de Bosnia Occidental]]. A participación da [[OTAN]], durante 1995, contra as posicións do VRS internacionalizou o conflito, pero só nas súas etapas finais. A alianza bosniocroata ocupou un 51 % do territorio de Bosnia e Herzegovina e chegou até as portas de [[Banja Luka]]. Ao veren perigar a súa capital de facto, os líderes serbios firmaron o armisticio e a guerra terminou oficialmente coa sinatura dos [[Acordos de Dayton]], en [[París]], o [[14 de decembro]] de [[1995]].<ref>[https://archive.is/20120525111048/www.state.gov/www/regions/eur/bosnia/bosagree.html Acordos de paz de Dayton]</ref>
 
A guerra durou pouco máis de tres anos e causou cerca de 100.000 vítimas entre civís e militares e 1,8 millóns de desprazados, segundo informes recentes.<ref>[http://web.archive.org/web/20070627040825/http://www.iht.com/articles/ap/2007/06/21/europe/EU-GEN-Bosnia-War-Victims.php ''Herald Tribune''. Estimacións das Comisións]</ref> Das 97.207 vítimas totais documentadas, o 65 % foron bosnios musulmáns e o 25 % serbios. Dentro das vítimas civís, o 83 % correspondeu a bosnios.
Liña 12:
e en [[República Socialista de Macedonia|Macedonia]].
 
Este proceso acelerou o ingreso de [[Slobodan Milošević]] na escena política de [[Serbia]]; un home que empezou a súa carreira política como resposta ao despertar de ideoloxías nacionalistas e que se posicionou como líder moral dos [[Pobo serbio|serbios]] en [[Kosovo]] en [[1989]].
{{VT|Discurso de Gazimestan}}
[[Ficheiro:Slobodan Milosevic.jpg|miniatura|Slobodan Milošević.]]
Liña 27:
 
[[Bosnia e Herzegovina]] foron historicamente un territorio multiétnico. Segundo o censo de 1991, Bosnia-Herzegovina tiña unha poboación de 4&nbsp;354&nbsp;911 habitantes, divididos así:
* [[BosniaPobo (rexión)bosníaco|BosniosBosníacos]], 43,7 %
* [[SerbiaPobo serbio|Serbios]], 31,3 %
* [[CroaciaPobo croata|Croatas]], 17,3 %
* [[Iugoslavia|Iugoslavos]], 5,5 % <ref>(Os que se consideraban eles mesmos como iugoslavos; na ex Iugoslavia a poboación que se declaraba como iugoslava apenas alcanzaba un 1 %).</ref>
 
Liña 50:
 
==== Referendo sobre a independencia de Bosnia e Herzegovina ====
Despois de que Eslovenia e Croacia declararan, en 1991, a súa independencia da [[República Socialista Federal de Iugoslavia]], Bosnia e Herzegovina organizou tamén un [[referendo]] sobre a súa independencia. A decisión do Parlamento da República Socialista de Bosnia e Herzegovina da celebración do referendo tomouse despois de que a maioría de membros [[SerbiaPobo serbio|serbios]] abandonaran a asemblea parlamentaria en sinal de protesta.
 
Estes serbios de Bosnia, membros da asemblea, convidaron á poboación serbia a boicotear o referendo, celebrado o 29 de febreiro e o 1 de marzo de 1992. A participación no referendo foi do 67 % e o resultado foi do 99,43 % a favor da independencia.<ref>[https://archive.is/20120702230828/www.voanews.com/bosnian/archive/2005-03/2005-03-01-voa2.cfm U Federaciji Bosna i Herzegovina obilježen. Dan nezavisnosti BiH]</ref> A independencia foi declarada polo Parlamento o [[5 de marzo]] de [[1992]]. O referendo en si mesmo e o asasinato dun serbio nunha voda o día antes, utilizáronse polos líderes políticos serbios como unha razón para iniciar bloqueos de estradas en sinal de protesta.