Pobos eslavos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=febreiro de 2017}}
{{wikificar}}
Os '''eslavos''' son un pobo [[pobos indoeuropeos|indoeuropeo]] que habita a rexión da [[Europa]] central e oriental hai preto de cinco mil anos, cuxos descendentes actuais son os rusos, bielorrusos, ucraínos (rama oriental), [[Pobo búlgaro|búlgaros]], [[Pobo serbio|serbios]], croatas, macedonios, eslovenos (grupo meridional), checos, eslovacos, polacos e lusacios (grupo occidental). A idea de que os pobos eslavos teñen moito en común canto ás súas orixes, a orixe das súas linguas e dalgúns aspectos culturais son derivados do [[nacionalismo]] romántico, do paneslavismo e da noción de raza como unha base biolóxica para as [[nación]]s, aínda que moitas semellanzas histórico-xenéticas, xeo-culturais e fonético-idiomáticas sexan comprobadas por moitos estudos sobre os pobos protoindoeuropeos.
 
[[Ficheiro:Linguas_eslavas.png|miniatura|dereita|350px|Linguas eslavas - Distribución]]
Liña 67:
No [[século VII]] o nobre franco [[Samo]], que apoiou os eslavos na guerra contra os seus dominadores [[ávaros]], volveuse o gobernante do primeiro estado eslavo na [[Europa Central]]. A [[Corintia]], situada onde hoxe están [[Austria]] e [[Eslovenia]] era un estado eslavo; moi antigos tamén son o [[Principado de Nitra]] e o [[Principado de Moravia]]. Nese período existiron grupos e estados eslavos centrais, tal como o [[Principado de Balaton]] (ou ''Panoniano'' ou ''Transdanubiano''), pero a subsecuente expansión dos [[pobo maxiar|maxiares]] e [[pobo romanés|romaneses]], así como a xermanización de Austria, separaron os eslavos do norte dos do sur.
 
Ao principio da historia dos eslavos, e continuando na escuridade da [[Idade Media]], grupos non eslavos eran lentamente asimilados polas poboacións falantes de idiomas eslavos: os [[Pobo búlgaro|búlgaros]] eslavizáronse e o seu idioma turco desapareceu; noutros casos, os eslavos foran asimilados por outros grupos, tales como [[pobo romanés|romaneses]], [[pobo maxiar|maxiares]], [[Pobo grego|gregos]] etc. Os [[Pobo croata|croatas]] e [[Pobo serbio|serbios]] mesturáronse probabelmente cos [[alanos]] e/ou cos [[ilirios]].
 
Dificilmente se desenvolveu calquera tipo de unidade entre os varios pobos eslavos na Antigüidade, aínda que algúns fráxiles trazos de cooperación aparezan. Por mor da amplitude e diversidade dos territorios ocupados polos pobos eslavos, había varios centros de consolidación eslavos, un proceso que nunca foi completado por moitas razóns. No [[século XIX]], o [[Paneslavismo]] desenvolveuse como un movemento entre intelectuais, académicos e poetas, pero que raramente influenciaba as accións políticas. A [[Rusia]] tsarista usou o paneslavismo como ideoloxía para xustificar as súas conquistas territoriais en Europa Central e, desa forma, a ideoloxía pasou a ser asociada ao imperialismo ruso. A experiencia eslava común do comunismo combinada co repetido uso da ideoloxía pola propaganda soviética tras a [[Segunda Guerra Mundial]] dentro do Bloque Oriental ([[Pacto de Varsovia]]) era unha forza de nivelamento obrigatoria económica e política da hexemonía da [[Unión Soviética]] dominada polos rusos, e desa forma desprezada polas demais nacións conquistadas. Unha unión política notábel do [[século XX]] que abrangueu varios pobos eslavos do sur foi a [[Iugoslavia]], que hoxe está desfeita.