Bosnia e Hercegovina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiño
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 54:
'''Bosnia e Hercegovina''' (en [[lingua bosníaca|bosníaco]], [[lingua croata|croata]] e [[lingua serbia|serbio latino]]: ''Bosna i Hercegovina'', en [[alfabeto cirílico|cirílico]]: ''Босна и Херцеговина'') é unha [[república federal]] dos [[Balcáns]], que limita ao norte, oeste e sur con [[Croacia]], ao leste con [[Serbia]], e ao sueste con [[República de Montenegro|Montenegro]], dispoñendo aínda dunha minúscula extensión de litoral, no [[Mar Adriático]].
 
O poboación do país está composta por tres "pobos constituíntes" diferenciados, os [[bosníacos]], o maior dos tres, en segundo lugar os [[Pobo serbio|serbios]] e finalmente os [[croatas]]. A distinción entre bosníaco e [[Hercegovina|hercegovino]] é considerada simplemente rexional e, en ningún momento, unha distinción étnica. O país está politicamente descentralizado e consta de dúas entidades de goberno principais, a [[Federación de Bosnia e Hercegovina]] e a [[República Serbia]], sendo o pequeno [[Distrito de Brčko]] unha terceira entidade ''[[de facto]]''.
 
Antigamente foi unha das [[República Socialista de Bosnia e Hercegovina|seis unidades federais]] que constituían a [[República Federal Socialista de Iugoslavia]], obtendo a súa independencia durante as [[guerras iugoslavas]] da década de [[1990]]. O estado podo ser descrito como unha [[República federal|república democrática federal]], sendo un dos candidatos potenciais para ser membro nun futuro da [[Unión Europea]] e da [[OTAN]].
Liña 68:
Trala finalización da contenda integraríase no [[Reino de Iugoslavia|reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos]], que en [[1929]] adoptou o nome de [[Iugoslavia]]. Durante a [[segunda guerra mundial]], entre [[1941]] e [[1944]], o territorio foi anexionado polo estado fascista [[Croacia|croata]]. Con todo, derrotado o [[Potencias do Eixo|Eixo]], volveu formar parte da Iugoslavia como unha das seis repúblicas constituíntes da [[República Federal Socialista de Iugoslavia]]. En [[1992]] proclamou a súa independencia tralo referendo do [[1 de marzo]] de [[1992]].
 
Os bosníacos (maioritariamente [[musulmán]]s) e os bosnio-croatas (a maioría [[Igrexa católica|católicos]]) de Bosnia e Hercegovina apoiaron a independencia, máis a maioría dos serbo-bosníacos (principalmente [[Igrexa ortodoxa|ortodoxos]]), o que supoñía un 30% da poboación e apoiados polo resto dos [[SerbiaPobo serbio|serbios]] da ex-[[Iugoslavia]], opuxéronse e comezaron a que se coñeceu como a [[Guerras iugoslavas|guerra de Bosnia]] nun intento de creación dunha Gran Serbia. Nos primeiros anos desa guerra os serbios ocuparon un 70% do territorio bosníaco de xeito violento, realizando unha limpeza étnica. A guerra rematou coa Batalla de Bosnia Occidental e a derrota do exército serbo-bosníaco, que inmediatamente despois accedeu a que [[Slobodan Milošević]] asinase no seu nome os [[acordos de Dayton]] o [[21 de novembro]] do [[1995]]. O prezo da guerra foi enorme: 250.000 mortos e máis de 2,5 millóns de refuxiados.
 
Actualmente Bosnia e Hercegovina é un país encamiñado cara a súa unificación administrativa aínda que con grandes inestabilidades provocadas polos ultra-nacionalistas serbo-bosníacos. De momento segue sendo un crebacabezas territorial con diversos corpos de policía, poderes xudiciais separados, e asembleas distintas onde os partidos nacionalistas de cada unha das comunidades étnicas seguen conservando o poder, obstaculizando o seu acceso á [[Unión Europea]].
Liña 135:
| style="text-align: right; padding-right: 1em;" | 63
| [[Lingua serbia|Serbio]], [[Lingua bosníaca|bosníaco]], [[Lingua croata|croata]]
| [[SerbiaPobo serbio|Serbios]]
|-
| [[Ficheiro:Flag of Bosnia and Herzegovina.svg|40px|border|centro|Bandeira]]
Liña 196:
{{Bar percent|outros|gray|2.3}}}}
[[Ficheiro:Bosnia Herzegovina Ethnic 2013.png|dereita|miniatura|295px|Composición étnica de Bosnia e Hercegovina no ano [[2013]].]]
Bosnia é o fogar de tres etnias ou "pobos constituíntes", os [[Bosnia|bosníacos]], os [[SerbiaPobo serbio|serbios]] e os [[Croacia|croatas]]. As tensións entre os tres pobos seguen a ser elevados e con frecuencia causa de desacordos políticos. Con todo, un estudo de [[haplogrupos do cromosoma Y]] publicado en [[2005]] atopou que "os tres grupos principais de Bosnia e Hercegovina, a pesar dalgunhas diferenzas cuantitativas, comparten unha gran parte do mesmo acervo xenético distintivo da área dos Balcáns".<ref>[http://www.blackwell-synergy.com/doi/abs/10.1111/j.1529-8817.2005.00190.x The peopling of modern Bosnia-Herzegovina: Y-chromosome haplogroups in the three main ethnic groups]</ref>
 
Os continuos desprazamentos de poboacións durante as [[guerras dos Balcáns]] na década de [[1990]] provocaron drásticos cambios na distribución da poboación. O último dato oficial data do censo iugoslavo de [[1991]], dende aquela desacordos políticos fixeron imposible a organización de un, con todo está planeada a realización dun novo censo en [[2011]]. Así pois case a totalidade dos datos demográficos de despois da guerra son estimacións, porén a maioría das fontes estiman que a poboación ten diminuído en 350.000 habitantes dende ese ano. Segundo o último censo a poboación de Bosnia e Hercegovina era de 4&nbsp;354&nbsp;911, etnicamente dividida en:
 
* [[BosniaPobo bosníaco|Bosníacos]]:
** 1&nbsp;902&nbsp;956 persoas.
** 43% da poboación.
* [[SerbiaPobo serbio|Serbios]]
** 1&nbsp;366&nbsp;104 persoas.
** 31,3% da poboación.
* [[CroaciaPobo croata|Croatas]]
** 760.852 persoas.
** 17,3% da poboación.