Carl von Linné: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
pax. x pag.
Elisardojm (conversa | contribucións)
páx
Liña 62:
 
==== Uppsala ====
En agosto de 1728 Linné decidiu marchar á [[Universidade de Uppsala]] por consello de Rothman quen cría que sería a mellor elección tanto se Linné quería estudar medicina como botánica. Rothman baseaba esta recomendación nos dous profesores que ensinaban na facultade médica de [[Uppsala]]: [[Olof Rudbeck o mozo]] e [[Lars Roberg]]. Tanto Rudbeck como Roberg foran bos profesores, pero naquela época xa eran maiores e estaban pouco interesados en ensinar. Rudbeck, por exemplo, deixou de dar conferencias ao público, e permitía que outras persoas menos preparadas o fixesen por el. Así as conferencias de botánica, [[zooloxía]], [[farmacoloxía]] e [[anatomía]] non se impartían no seu mellor nivel.<ref name="Blunt23-25">[[#Blunt|Blunt, Wilfrid]], págpáx. 23–25</ref> En Uppsala, Linné atopou un novo benfeitor, [[Olof Celsius]]. Olof era un profesor de [[teoloxía]] e un botánico afeccionado.<ref name="Blunt31-32">[[#Blunt|Blunt, Wilfrid]] páx. 31–32</ref> Olof recibiu a Linné na súa casa e deulle entrada na súa [[biblioteca]], que era unha das bibliotecas botánicas máis completas de Suecia.<ref name="Stöver19-20">[[#Stöver|Stöver, Dietrich Johann Heinrich]], páx. 19–20</ref>
 
En 1729 Linné escribiu a [[tese]] ''Praeludia sponsaliorum plantarum'' sobre a [[sexualidade das plantas]]. Isto chamou a atención de [[Olof Rudbeck o mozo|Olof Rudbeck]] quen en maio de 1730 seleccionou a Linné para empezar a dar conferencias na universidade, aínda que Linné era só un estudante de segundo ano. As conferencias eran moi populares e Linné podíase atopar falando para unha audiencia de 300 persoas.<ref name="Blunt32-34">[[#Blunt|Blunt, Wilfrid]], páx. 32–34</ref> En xuño Linné trasladouse da casa de Celsius á casa de Rudbeck para facer de titor e ensinar aos tres fillos máis pequenos dos 24 que tiña. A súa amizade con Celsius non diminuíu e continuaron indo xuntos a expedicións botánicas.<ref name="Blunt34-37">[[#Blunt|Blunt, Wilfrid]], páx. 34–37</ref> Durante aquel inverno Linné empezou a dubidar do sistema de clasificación de Tournefort, e decidiu crear un propio. O seu plan consistía en dividir as plantas polo número de [[estame]]s e [[Carpelo|pistilos]]. Comezou a escribir unhas cantas anotacións que máis tarde se converterían en libros, por exemplo ''Generalitat plantarum'' e ''Critica botanica''. Tamén produciu o libro ''Adonis Uplandicus'' relativo ás plantas cultivadas no seu xardín.<ref name="Blunt2001-36-37">[[#Blunt2001|Blunt, Wilfrid]], páx. 36–37</ref>
 
O anterior axudante de Rudbeck, [[Nils Rosén von Rosenstein|Nils Rosén]], regresou á Universidade en marzo de 1731 xa graduado en medicina. Rosén empezaba a dar conferencias de anatomía e intentaba apropiarse das conferencias de botánica de Linné, cousa que Rudbeck evitou. Ata decembro Rosén fixo a titoría de Linné en medicina. En decembro, Linné tivo un "desacordo" coa muller de Rudbeck e tivo que irse fóra da súa casa, aínda que a relación con Rudbeck parece que quedou indemne. Aquel [[Nadal]] Linné regresou a casa en Stenbrohult para visitar os seus pais por primeira vez en aproximadamente tres anos. Os sentimentos da súa nai por el arrefriáranse desde que decidira non converterse en sacerdote pero sentiuse satisfeita cando viu que estaba ensinando na Universidade.<ref name="Blunt2001-36-37"/><ref name="Anderson40">[[#Anderson|Anderson, Margaret J.]], págpáx. 40</ref>
 
==Expedición a Laponia ==
Liña 89:
De regreso a Uppsala, as relacións de Linné con [[Nils Rosén von Rosenstein|Nils Rosén]] empeoraron e amablemente aceptou unha invitación do estudante Claes Sohlberg para pasar as vacacións de Nadal coa súa familia en [[Falun]]. O pai de Sohlberg era un inspector de minería e levou a Linné a visitar as minas próximas a Falun.<ref name="Blunt2001-74">[[#Blunt2001|Blunt, Wilfrid]], páx. 74</ref> O pai de Sohlberg suxeriu a Linné levar o seu fillo aos [[Países Baixos]] e continuar ensinándolle alí por un soldo anual. Naquela época [[Países Baixos|Holanda]] era un dos lugares máis venerados para estudar [[historia natural]] e un lugar habitual para que os suecos fixesen o seu [[doutoramento]]. Linné, que estaba interesado en ambos, aceptou.<ref name="Blunt2001-78-79">[[#Blunt2001|Blunt, Wilfrid]], páx. 78–79</ref>
[[Ficheiro:Albertus Seba - Hydra.jpg |miniatura|esquerda|Imaxe da hidra de Hamburgo, sacada do ''Thesaurus'' de [[Albertus Seba]].]]
En abril de [[1735]] Linné e Sohlberg marcharon para os [[Países Baixos]], con Linné coa idea de conseguir o grao de doutor en medicina na [[Universidade de Harderwijk]].<ref name="Stöver71">[[#Stöver|Stöver, Dietrich Johann Heinrich]], págpáx. 71</ref> No camiño detivéronse en Hamburgo onde tiveron un encontro co alcalde, quen orgullosamente lles mostrou unha marabilla da natureza que posuía: os restos [[Taxidermia|embalsamados]] dunha [[hidra de Lerna]] de sete cabezas. Linné enseguida viu que era falsa e que se trataba en realidade de mandíbulas e pés de [[denociña]]s pegadas a peles de serpes. A procedencia da hidra fixo pensar a Linné que fora fabricada por monxes para representar a [[besta da Apocalipse]]. Aínda que isto podía preocupar o alcalde, Linné fixo públicas as súas observacións e o soño do alcalde de vender a hidra por unha suma enorme arruinouse completamente. Tendo medo da súa ira, Linné e Sohlberg marcharon de [[Hamburgo]] rapidamente.<ref name="Anderson60-61">[[#Anderson|Anderson, Margaret J.]], páx. 60–61</ref><ref name="Blunt90">[[#Blunt|Blunt, Wilfrid]], páx. 90</ref>
 
Cando Linné chegou a [[Harderwijk]], inmediatamente comezou a traballar nos seus [[Graduación|estudos de grao]]; naquela época, Harderwijk era coñecida por conceder graos "instantáneos" en menos dunha semana.<ref name="Blunt94"/> Primeiro presentou unha tese sobre a causa da [[malaria]] que escribira en Suecia. A continuación defendeu a súa tese nun debate público. A súa disertación, presentada o 23 de xuño, titulábase ''Dissertatio medica inauguralis in qua exhibetur hypothesis nova de febrium intermittentium causa'' (''Tese inaugural en medicina, na que unha nova hipótese na causa de febres intermitentes é presentada''). Concluíu que a malaria só aparecía en lugares con terreos ricos en barro.<ref name=hempelmann>{{Cita publicación periódica|last1=Hempelmann|first1=Ernst|last2=Krafts|first2=Kristine|title=Bad air, amulets and mosquitoes: 2,000 years of changing perspectives on malaria|journal=Malaria Journal|year=2013|volume=12|issue=1|pages=232|doi=10.1186/1475-2875-12-232|pmid=23835014|pmc=3723432}}</ref> Agora sábese que estaba equivocado sobre a causa, xa que non tiña un [[microscopio]] bo abondo para ver os [[Plasmodium|parasitos da malaria]], que eran espallados polos [[mosquito]]s que se reproducían na auga recollida en pozas e fochancas.<ref>[http://www.linnaeus.uu.se/online/animal/4_1.html Linnaeus’ thesis on the ague (malaria)], ©-2008, Uppsala University.</ref> Con todo, si tiña razón en predicir que a [[medicina chinesa tradicional]], incluíndo o uso de ''[[Artemisia annua]]'' (''Artemisia''), era unha fonte potencial de medicinas antimalaria,<ref name=hempelmann/> as [[Artemisinina]]s, derivadas das artemisas, son agora as principais medicinas antimalaria.<ref>{{Cita publicación periódica|last1=Tu|first1=Youyou|title=The discovery of artemisinin (qinghaosu) and gifts from Chinese medicine|journal=Nature Medicine|year=2011|volume=17|issue=10|pages=1217–1220|doi=10.1038/nm.2471|pmid=21989013|url=http://www.nature.com/nm/journal/v17/n10/full/nm.2471.html}}</ref> O seguinte paso foi un exame oral e diagnosticar un paciente. Tras menos de dúas semanas obtivo a súa graduación e converteuse en doutor aos 28 anos.<ref name="Anderson60-61"/><ref name="Blunt94">[[#Blunt2001|Blunt, Wilfrid]], páx. 94</ref>
Liña 117:
=== Regreso a Suecia e voda ===
[[Ficheiro:LinnaeusWeddingPortrait.jpg|miniatura|175px|dereita|Retrato de Linné durante a súa voda con [[Sara Elisabeth Moræa]].<ref name="Stöver382"/>]]
O 28 de xuño de [[1738]] Linné regresou a Suecia e foise vivir a [[Falun]] onde formalizou a súa relación con Sara Elisabeth Moræa. Tres meses máis tarde trasladouse a [[Estocolmo]] para atopar traballo como médico e así poder manter a súa futura familia.<ref name=nrm.se>{{cita web|url=http://www.nrm.se/researchandcollections/botany/phanerogamicbotany/botanicalhistory/carlvonlinne.4.5fdc727f10d795b1c6e80007524.html |título=Carl Linnaeus |lingua=en|dataacceso=25-06-2010|apelido=Petrusson |nome=Louise |editorial=[[Museo Sueco de Historia Natural]] }}</ref><ref name="Stöver141">[[#Stöver|Stöver, Dietrich Johann Heinrich]], págpáx. 141</ref> Unha vez máis Linné atopou un patrón interesado no seu traballo, contactou co conde [[Carl Gustaf Tessin]] quen axudou a Linné a ter traballo como médico no [[Almirante|Almirantado]].<ref name="Stöver146-147">[[#Stöver|Stöver, Dietrich Johann Heinrich]], páx. 146–147</ref><ref name="Koerner16">[[#Koerner|Koerner, Lisbet]], páx. 16</ref> Durante esta estancia en Estocolmo Linné axudou a fundar a [[Real Academia das Ciencias de Suecia]], converténdose no primeiro ''praeses''<ref group=nota>Poderíase traducir como '''funcionario''' pois aínda que en Holanda se cambiou por "preses" a maior parte dos consellos de administración e sociedades de estudantes conservan aínda a súa forma latina ''praeses''.</ref> da academia por sorteo.<ref name="Koerner103-105">[[#Koerner|Koerner, Lisbet]], páx. 103–105</ref>
 
Cando a súa economía mellorou e xa era suficiente para ter unha familia, conseguiu permiso para casar coa súa parella, Sara Elisabeth Moræa. A súa voda foi o 26 de xuño de [[1739]]. Sete meses máis tarde, Sara dau a luz o seu primeiro fillo, chamado tamén [[Carl von Linné o mozo|Carl]], quen seguirá os pasos de seu pai. Dous anos máis tarde naceu unha filla, Elisabeth Christina, e o seguinte ano Sara tivo a Sara Magdalena que morreu aos 15 días. Sara e Linné tiveron máis tarde outros catro fillos: Lovisa, Sara Christina, Johannes e Sophia. Johannes morreu antes de chegar aos tres anos.<ref name="Stöver382">[[#Stöver|Stöver, Dietrich Johann Heinrich]], páx. 382</ref><ref name=nrm.se/>
Liña 199:
 
==Concepción linneana do ser humano ==
Segundo o biólogo alemán [[Ernst Haeckel]] a pregunta sobre a orixe do home comezou con Linné. Describiu os humanos tal e como describía calquera outra planta ou animal, axudando á futura investigación da historia natural do home.<ref name="Frängsmyr156-157">[[#Frängsmyr|Frängsmyr et al.]], págpáx. 156-157</ref> El foi o primeiro en colocar os humanos nun sistema de [[clasificación biolóxica]].
=== Anthropomorpha ===
[[Ficheiro:Antropomorpha12c.png|miniatura|160px|esquerda|Detalle da 6ª edición de Systema Naturae (1748) describindo [[Anthropomorpha|Ant[h]ropomorpha]], unha división entre Homo e Simia.]]