Diferenzas entre revisións de «Muller»

Na historia recente, os roles das mulleres cambiaron enormemente. As funcións sociais tradicionais das mulleres da [[clase media]] consistían nas tarefas domésticas, acentuando o coidado de nenos, e non adoitaban acceder a un posto de traballo remunerado. Para as mulleres máis pobres, sobre todo entre as clases obreiras, esta situación era ás veces un obxectivo, xa que a necesidade económica obrigounas durante moito tempo a buscar un emprego fóra de casa, aínda que as ocupacións en que se empregaban tradicionalmente as mulleres de clase obreira eran inferiores en prestixio e salario que aquelas que levaban a cabo os homes. Eventualmente, o liberar ás mulleres da necesidade dun traballo remunerado converteuse nun sinal de riqueza e prestixio familiar, mentres que a presenza de mulleres traballadoras nunha casa denotaba a unha familia de clase inferior.<ref>[http://books.google.es/books?id=2NTw6oKbE_cC&printsec=frontcover&dq=historia+de+la+mujer&hl=es&ei=PSDqTeLFGZDYsgbCmMTnCg&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=1&ved=0CCsQ6AEwAA#v=onepage&q=historia%20de%20la%20mujer&f=false La mujer en la historia, Mª Antonia Bel Bravo, 1998, Ediciones encuentro, Madrid, paxs. 60]</ref>
 
No século XIX ocorre unha transformación nos ámbitos social, político e económico. Nesta etapa mobilizáronse mulleres feministas en pos da [[igualdade de xénero]]. As mulleres en países de primeiro mundo, recibiron liberdade no sentido de expresión ata poder ser parte do mundo laboral. En 1979, aprobouse a eliminación de todas as formas de discriminación contra a muller. Este evento, aprobado pola Asemblea de Nacións Unidas, foi un logro para as mulleres quen loitou polos seus dereitos na sociedade. A muller a través da historia tivo que combater moitos problemas. Cos séculos os dereitos, roles e estereotipos das mulleres evolucionaron; desde a Idade Media ata o século XXI. Os dereitos humanos da muller, define a discriminación contra a muller como "toda distinción, exclusión ou restrición baseada no sexo.<ref>GARCIA DEL REAL, CARLOTA BUSTELO. "Los Derechos Humanos Y Las Mujeres En La Comunidad Internacional. (Spanish)." Tiempo De Paz 100 (2011): 188-194. Academic Search Complete. Web. 26 Apr. 2015</ref>
 
== Feminismo ==
7.964

edicións