Diferenzas entre revisións de «Igualdade de xénero»

sen resumo de edición
No marco internacional, o dereito internacional prohibe a discriminación baseada no sexo. A adopción da [[Carta das Nacións Unidas]], asinada en [[San Francisco]] o 26 de xuño de 1945 situou o principio de igualdade de oportunidades e non discriminación na órbita dos dereitos fundamentais.
 
No preámbulo da Carta de San Francisco proclámase que:{{Cita|Reafírmase a fe nos dereitos fundamentais do ser humano, na dignidade e o valor da persoa humana, na igualdade de dereitos entre os homes e as mulleres e das nacións grandes e pequenas|Carta de San Francisco<ref name=genere>{{cita publicación|título=Informes d'impacte de gènere|ubicaciónlugar=Barcelona|editorial=Institut Català de les Dones|idioma=catalán|data=xuño de 2005|url=http://www20.gencat.cat/docs/icdones/serveis/docs/publicacions_eines01.pdf|data-acceso=11 de agosto de 2013|urlarchivo=https://web.archive.org/web/20131014205805/http://www20.gencat.cat/docs/icdones/serveis/docs/publicacions_eines01.pdf|dataarquivo=14 de outubro de 2013}}</ref>}}A Organización das Nacións Unidas completou o catálogo de dereitos xuridicamente vinculantes para todos os estados membros a través dos seguintes documentos:
# a Carta de San Francisco de 1945 antes mencionada
# a Declaración Universal de Dereitos Humanos aprobada o 10 de decembro de 1948
 
== Diferenza entre igualdade e equidade de xénero ==
Para a Secretaría de Desenvolvemento Integral da UNAM, Equidade de xénero significa que as mulleres e os homes gozan de condicións iguais no exercicio pleno dos seus dereitos humanos, na súa posibilidade de contribuír ao desenvolvemento nacional político, económico social e cultural e de beneficiarse dos seus resultados.<ref>{{Cita web|url=http://www.sdei.unam.mx/equidad_genero.html|título=Equidad de género|data-acceso=20 de novembro de 2015|autor=UNAM|enlaceautor=|fecha=|idioma=|sitiowebpáxina-web=|editorial=México: Secretaría de Desarrollo Integral de la UNAM.}}</ref>
 
Neste sentido, a equidade de xénero encamiñarase principalmente a brindar oportunidades xustas a mulleres e homes, pero a diferenza da igualdade, serán atendendo principalmente á idea de que mulleres e homes son distintos, polo que estas oportunidades serán de acordo ás características, contextos e necesidades específicas onde se atopen e que posúan, desde os diversos ámbitos nos que interactúan, por exemplo no ámbito laboral, educativo, da saúde, o económico, cultural e social en xeral.
7.964

edicións