Diferenzas entre revisións de «Claude Monet»

sen resumo de edición
m (Arranxiños)
| nomenacemento = Oscar-Claude Monet
| datanacemento = {{data|14|11|1840}}
| lugarnacemento= [[París]], {{FRA}}
| datamorte = {{data|5|12|1926}} {{idade|14|11|1840|5|12|1926}}
| lugarmorte = Giverny, {{FRA}}
| nacionalidade =Francesa
| eido = pintura[[Pintura]]
| cónxuxe =Camille Doncieux<br>Alice Hoschedé
| adestramento = [[Charles Gleyre]]
| movemento = [[Impresionismo]]
| traballos = [[Impresión, sol nacente]]<br/> [[As ninfeas]]<br/>A catedral de Ruán
| patróns =
| influenciado por=
| influenciado =
| sinatura =[[Ficheiro:Monet autograph.png|160px]]
| premios =
}}
[[Ficheiro:Claude Monet, Impression, soleil levant.jpg|miniatura|''Impresión, sol nacente'' ([[1874]]).]]
'''Claude Monet''' tamén coñecido como '''Oscar-Claude Monet''' ou '''Claude Oscar Monet''', nado en [[París]] o [[14 de novembro]] de [[1840]] e finado en [[Giverny]], [[Francia]], o [[5 de decembro]] de [[1926]], foi un pintor [[Impresionismo|impresionista]] [[Francia|francés]] e un dos creadores deste movemento.
 
As súas primeiras obras son de estilo [[Realismo|realista]], e na metade da década de 1860 comeza a pintar obras impresionistas. Este cambio provocoulle problemas económicos, xa que se desviaba do gusto marcado polas academias de arte da época.
 
== Traxectoria ==
Nos anos inmediatamente anteriores á guerra de 1870 un grupo de pintores, Monet, [[Camille Pissarro]], [[Alfred Sisley]] e [[Pierre Auguste Renoir]] sitúanse á marxe de calquera remedo das tendencias precedentes e realizan unha nova pintura, que uno crítico Louis Leroy denominou despectivamente no xornal ''Le Charivari'' [[impresionismo]], inspirándose no título dunha obra de Monet exposta en 1874, ''[[Impresión, sol nacente]]''.<ref>{{Cita web|url=https://www.pariscityvision.com/en/giverny/the-impressionism|páxina-web=|título=The impressionism: a movement of the French Modern Art|data-acceso=|lingua=inglés}}</ref>
 
[[Ficheiro:Claude Monet 047.jpg|miniatura|''Regatas en Argenteuil'' ([[1874]]). A xustaposición de pinceladas de distinta cor busca lograr que a retina compoña logo as verdadeiras tonalidades que conduza a un novo realismo.]]
 
Monet foi o pintor máis orixinal e principal representante das conquistas técnicas e estéticas do grupo. Sen os matices políticos ou sociais dos realistas, por medio dunha concepción estritamente pictórica, Monet busca a realidade cromática e formal baixo os efectos da luz. Na base da súa arte está o desligarse do estudo de pintura, buscando o aire libre para pintar e o colorido claro; a luz transforma e altera as cores e tamén as propias formas, de tal xeito que a paisaxe e os seus elementos xorden como visións instantáneas que non se volverán repetir. Unha preocupación primordial para Monet vai ser o estudo dos reflexos da luz na auga (coma na súe serie de óleos ''[[As ninfeas]]''), que ten unha consistencia real semellante á dos elementos reflectidos. Esta linguaxe acadou a súa maior pureza nos anos que pasou en [[Argenteuil]] (1872-1878).
 
== Influencia ==
As obras de Monet foron unha gran fonte de inspiración para pintores impresionistas coma [[Pierre-Auguste Renoir]], e outros máis contemporáneos coma [[Mark Rothko]], Willem de Kooning<ref>{{Cita web|url=https://www.20minutos.es/noticia/632849/0/monet/abstraccion/obsesion/|páxina-web=20minutos.es|título='Monet y la abstracción': Una obsesión clave para pasar a la historia.|data-acceso=|lingua=castelán}}</ref> ou [[Jackson Pollock]] (as súas grosas texturas de cor recordan as obras tardías de Monet).
 
=== Na literatura ===
O novelista francés [[Marcel Proust]] deixouse inspirar pola obra de Monet. Proust era afín ao impresionismo en xeral e en particular admiraba as obras de Monet, aínda que nos seus libros non mencionaba ningunha obra en concreto. O novelista describe na súa obra ''En busca do tempo perdido'' os fenómenos que Manet capturaba no [[lenzo]], o narrador dá as súas impresións das nubes e o mar no balneario fictício de ''Balbec''. Na novela ''Jean Santeuil'', menconase a Monet en varias ocasións cando un coleccionista de [[Ruán]] compra algúns dos seus cadros. O narrador describe con este motivo os sentimentos que nel despertan as obras do pintor.
 
=== No cine ===
Na película ''Ceux de chez nous'', do director Sacha Guitry móstrase a vida cultural francesa da [[primeira guerra mundial]]. Está centrada sobre todo en Renoir, pero tamén se pode ver a Claude Monet pintando un dos cadros da famosa serie ''As ninfeas''.
 
Fanse referencia a algunhas das súas obras no filme do ano [[2001]] ''Vanilla sky'', do director Cameron Crowe e en ''The Thomas Crown Affair'', dirixido por John McTiernan en [[1999]].
 
=== No cómic ===
En 2017 publícase unha novela gráfica que narra os primeiros anos do pintor ata o seu establecemento en Giverny, obra do guionista Salva Rubio e o debuxante Ricard Efa, pintada enteiramente en gouache. En [[España]] foi publicada por Norma Editorial.<ref>{{Cita web|url=http://www.normaeditorial.com/ficha/9788467926705/monet-nomada-de-la-luz/|páxina-web=|título=Monet, nómada de la luz|data-acceso=|lingua=castelán}}</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
==Véxase tamén==
* [[Impresionismo]]
{{Commons|Category:Claude Monet|Claude Monet}}
{{Impresionismo}}
1.537

edicións