Carl von Linné: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Véxase tamén: comprobando e corrixindo formato bibliografía
Liña 34:
Linné realizou unha gran parte dos seus estudos superiores na [[Universidade de Uppsala]] e cara a 1730 empezou a dar conferencias de [[botánica]]. Viviu no estranxeiro entre 1735 e 1738, onde estudou e publicou unha primeira edición da súa ''[[Systema Naturae]]'' nos [[Países Baixos]]. De volta a [[Suecia]] converteuse en profesor de [[medicina]] e de [[botánica]] en [[Uppsala]]. Durante a década de 1740, realizou varias expedicións a través de Suecia para recoller e clasificar [[planta]]s e [[animais]]. Durante as décadas de 1750 e 1760, continuou recollendo e clasificando animais, plantas e [[Mineraloxía|minerais]], publicando varios [[Volume (libro)|volumes]] sobre o tema.
 
No momento da súa morte era recoñecido como un dos científicos máis importantes en toda [[Europa]]. O filósofo suízo [[Jean-Jacques Rousseau]] envioulle a mensaxe: "Dígalle que non coñezo un home máis grande na Terra".<ref name="autogenerated3">{{Cita web|url=http://www.linnaeus.uu.se/online/life/8_3.html |cita= "Que dixo a xente sobre Linnaeus"|editor= [[Universidade de Uppsala]] |páxina-web=''Linné en liña''|lingua=en |dataacceso= 13/06/2015 |título= What people have said about Linnaeus}}</ref> O escritor alemán [[Goethe]] escribiu: "Coa excepción de [[William Shakespeare|Shakespeare]] e [[Baruch de Spinoza|Spinoza]], non coñezo ninguén, entre os que xa non viven, que me influíse máis intensamente".<ref name="autogenerated3"/> O autor sueco [[August Strindberg|Strindberg]] escribiu: "Linné era en realidade un poeta que se converteu en naturalista".<ref>[http://www.linnaeus.uu.se/online/life/9_0.html Linnaeus deceased] sitio web da [[Universidad de Uppsala]]" ''Linné en liña"''. (en inglés) Consultado o 13/06/2015</ref> Entre outros cumpridos, Linné foi chamado "''Princeps Botanicorum''" ("Príncipe de Botánicos"), "O Plinio do Norte" e "O Segundo [[Adán e Eva|Adán]]".<ref name="Broberg7">[[#Broberg|Broberg, Gunnar]], páx. 7</ref> Así mesmo, é considerado heroe nacional de Suecia.<ref name="Bluntw6">[[#Blunt|Blunt, Wilfrid]](2004), páxp. 6</ref>
 
En 1959, Linné foi designado [[lectotipo]] de ''[[ser humano|Homo sapiens]]'',<ref>Stearn, W. T. 1959. The background of Linnaeus's contributions to the nomenclature and methods of systematic biology. - ''Systematic Zoology'' 8 (1): p. 4-22.</ref> cousa que significa que segundo as [[Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica|regras de nomenclatura]], ''Homo sapiens'' foi definido de xeito válido como a especie de animal á cal pertencía Linné.
Liña 46:
==== Infancia ====
[[Ficheiro:LA2-Rashult-2.jpg|miniatura|150px|esquerda|Casa natal de Linné en [[Råshult]].]]
Carl Nilsson Linné naceu en Råshult, [[Småland]], [[Suecia]] o 23 de maio de 1707. Foi o primeiro fillo de Nils Ingemarsson Linnaeus (1674-1748) e Christina Brodersonia (1688-1733). Os antepasados de Nils foron [[campesiño]]s ou [[sacerdote]]s durante moitas xeracións. O seu pai, Nils, era un [[botánico]] afeccionado, un ministro do [[luteranismo]], e o cura da pequena vila de Stenbrohult, en Småland. A súa nai, Christina, era a filla do reitor de Stenbrohult, Samuel Brodersonius. Despois de Carl tiveron tres fillas e outro fillo, chamado Samuel, que sucedería finalmente o seu pai como reitor en Stenbrohult e escribiría un manual sobre [[apicultura]].<ref name="Blunt12">[[#Blunt|Blunt, Wilfrid]](2004), páxp. 12</ref><ref name="Stöver8">[[#Stöver|Stöver, Dietrich Johann Heinrich]], 1794, páx. 8</ref><ref name="Broberg10">[[#Broberg|Broberg, Gunnar]], páx. 10</ref> Un ano despois do nacemento de Carl Linné, morreu o seu avó, Samuel Brodersonius, e o seu pai, Nils, converteuse no reitor de Stenbrohult. Así, Linné e os seus pais trasladáronse á [[reitoral]] deixando a casa do cura onde viviran.<ref name="Blunt13">[[#Blunt|Blunt, Wilfrid]], pág. 13</ref><ref name="nationalgeographic2007">.{{cita publicación periódica|título=The Name Giver A Passion for Order|revista=National Geographic|data=xuño de 2007|nome=David|apelido=Quammen|páxinas=1|url=http://ngm.nationalgeographic.com/2007/06/linnaeus-name-giver/david-quammen-text/1|formato=html|dataacceso=25-06-2010 |lingua=inglés}}</ref>
 
Xa nos seus primeiros anos Linné parecía mostrar unha grande atracción polas plantas e polas flores en particular. Cando estaba preocupado ou enfadado dábanlle unha flor e inmediatamente acougaba. Nils pasaba moito tempo no seu [[xardín]] e a miúdo mostraba [[flor]]es a Linné, ensinándolle os seus nomes.<ref name="nationalgeographic2007"/> Pronto Linné tivo a súa propia parcela de terra no xardín do seu pai onde podía cultivar plantas.<ref name="Blunt15-16"/>