Carl von Linné: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 66:
En 1729 Linné escribiu a [[tese]] ''Praeludia sponsaliorum plantarum'' sobre a [[sexualidade das plantas]]. Isto chamou a atención de [[Olof Rudbeck o mozo|Olof Rudbeck]] quen en maio de 1730 seleccionou a Linné para empezar a dar conferencias na universidade, aínda que Linné era só un estudante de segundo ano. As conferencias eran moi populares e Linné podíase atopar falando para unha audiencia de 300 persoas.<ref name="Blunt32-34">[[#Blunt|Blunt, Wilfrid]], páx. 32–34</ref> En xuño Linné trasladouse da casa de Celsius á casa de Rudbeck para facer de titor e ensinar aos tres fillos máis pequenos dos 24 que tiña. A súa amizade con Celsius non diminuíu e continuaron indo xuntos a expedicións botánicas.<ref name="Blunt34-37">[[#Blunt|Blunt, Wilfrid]], páx. 34–37</ref> Durante aquel inverno Linné empezou a dubidar do sistema de clasificación de Tournefort, e decidiu crear un propio. O seu plan consistía en dividir as plantas polo número de [[estame]]s e [[Carpelo|pistilos]]. Comezou a escribir unhas cantas anotacións que máis tarde se converterían en libros, por exemplo ''Generalitat plantarum'' e ''Critica botanica''. Tamén produciu o libro ''Adonis Uplandicus'' relativo ás plantas cultivadas no seu xardín.<ref name="Blunt2001-36-37">[[#Blunt2001|Blunt, Wilfrid]], páx. 36–37</ref>
 
O anterior axudante de Rudbeck, [[Nils Rosén von Rosenstein|Nils Rosén]], regresou á Universidade en marzo de 1731 xa graduado en medicina. Rosén empezaba a dar conferencias de anatomía e intentaba apropiarse das conferencias de botánica de Linné, cousa que Rudbeck evitou. Ata decembro Rosén fixo a titoría de Linné en medicina. En decembro, Linné tivo un "desacordo" coa muller de Rudbeck e tivo que irse fóra da súa casa, aínda que a relación con Rudbeck parece que quedou indemne. Aquel [[Nadal]] Linné regresou a casa en Stenbrohult para visitar os seus pais por primeira vez en aproximadamente tres anos. Os sentimentos da súa nai por el arrefriáranse desde que decidira non converterse en sacerdote pero sentiuse satisfeita cando viu que estaba ensinando na Universidade.<ref name="Blunt2001-36-37"/><ref name="Anderson40">[[Carl von Linné#Anderson|Anderson, Margaret J.]] (1997), págp. 40</ref>
 
==Expedición a Laponia ==
[[Ficheiro:Carolus Linnaeus by Hendrik Hollander 1853.jpg|miniatura|200px|dereita|Linné co traxe tradicional dos [[pobo saami|saamis]] en [[Laponia (rexión)|Laponia]].]]
 
Na visita de Linné aos seus pais explicoulles o seu plan para viaxar a [[Laponia (rexión)|Laponia]], entón practicamente descoñecida, unha viaxe que Rudbeck fixera unha vez pero os resultados foran destruídos nun incendio en 1702. A esperanza de Linné era atopar novas plantas, animais e posiblemente valiosos minerais. Tamén sentía curiosidade polos costumes dos nativos [[Laponia (rexión)|saami]], uns pastores de [[reno]]s [[nómade]]s que deambulaban polas grandes [[tundra]]s de [[Escandinavia]]. En abril de 1732 outorgóuselle a Linné unha subvención da [[Real Sociedade de Ciencias de Uppsala]] para custear a expedición.<ref name="Anderson42-43">[[Carl von Linné#Anderson|Anderson, Margaret J.]] (1997), páxpp. 42–43</ref><ref name="Blunt2001-38">[[#Blunt2001|Blunt, Wilfrid]], páx. 38</ref>
 
Linné comezou a súa viaxe o 22 de maio de 1732, xusto despois de facer os 25 anos.<ref name="David Black">{{Cita libro|title = Carl Linnaeus Travels|editor-last = Black|editor-first = David|publisher = Charles Scribner's Sons|year = 1979|isbn = 0684159767|location = |pages = 8}}</ref> Fíxoo a pé e a cabalo, levando con el o seu diario, manuscritos botánicos e [[Ornitoloxía|ornitolóxicos]] e follas para [[herbario|herborizar]] plantas. Levoulle 11 días chegar ao seu primeiro obxectivo, [[Umeå]], xa que baixaba do cabalo sempre que podía para examinar unha flor ou unha rocha.<ref name="Anderson43-44">[[Carl von Linné#Anderson|Anderson, Margaret J.]] (1997), páxpp. 43–44</ref> Estaba especialmente interesado nos [[musgo]]s e [[lique]]s; estes últimos son unha parte importante na alimentación dos [[reno]]s, un animal común en Laponia.<ref name="Anderson46">[[Carl von Linné#Anderson|Anderson, Margaret J.]](1997), páxp. 46</ref> Despois, chegou a [[Gävle]] onde atopou grandes cantidades de ''Campanula serpyllifolia'', unha planta rastreira e [[perenne]] que se convertería na favorita de Linné, máis tarde rebautizada como ''[[Linnaea borealis]]''.<ref name="Blunt2001-42-43">[[Carl von Linné#Blunt2001|Blunt, Wilfrid]], páxpp. 42–43</ref>
 
Logo de estar en Gävle, Linné comezou a viaxar cara a [[Lycksele]], unha cidade fóra da costa máis afastada do que nunca viaxara ata entón, examinando patos no camiño. Logo de cinco días chegou á cidade onde quedou xunto cun pastor e a súa esposa.<ref name="Blunt2001-42-43"/> A principios de xuño volveu a Umeå logo de pasar algúns días en Lycksele onde aprendeu máis sobre os costumes dos saami.<ref name="Blunt2001-45-47">[[#Blunt2001|Blunt, Wilfrid]], páx. 45–47</ref> Desde Umeå viaxou cara ao norte ás montañas escandinavas pasando por [[Old Luleå]], onde recibiu un chapeu de muller saami.<ref name="Anderson50-51">[[#Anderson|Anderson, Margaret J.]], páx. 50–51</ref> Cruzou a fronteira con [[Noruega]] en [[Sørfold]], a uns 300&nbsp;km de Old Luleå.<ref name="Blunt2001-55-56">[[#Blunt2001|Blunt, Wilfrid]], páx. 55–56</ref> Posteriormente viaxou a [[Kalix]] onde aprendeu sobre os ensaios químicos metalúrxicos, e a metade de setembro comezou a súa viaxe de regreso a Uppsala, viaxando a través de [[Finlandia]] e collendo o barco a [[Turku]]. Chegou o 10 de outubro, en total unha viaxe de seis meses de duración e uns 2000 [[quilómetro|km]], onde reuniu e observou innumerable cantidade de plantas, aves e rochas.<ref name="Blunt2001-63-65">[[#Blunt2001|Blunt, Wilfrid]], páx. 63–65</ref><ref name="Blunt39-42">[[#Blunt|Blunt, Wilfrid]], páx. 39–42</ref><ref name="Broberg29">[[#Broberg|Broberg, Gunnar]], páx. 29</ref> Aínda que Laponia era unha rexión sen moita [[biodiversidade]] Linné atopou e describiu un centenar de plantas previamente descoñecidas. Os seus descubrimentos máis tarde serían a base do libro, ''[[Flora lapponica]]''.<ref name="nationalgeographic2007"/><ref name="Stöver38-39">[[#Stöver|Stöver, Dietrich Johann Heinrich]], páx. 38–39</ref> Porén, na expedición a Laponia, Linné usou nomes en latín para describir os organismos porque aínda non desenvolvera o sistema binomial.<ref name="David Black" />