María Barbeito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 14:
María Barbeito era filla do escritor [[Avelino Barbeito Hermosilla]] e de María Cerviño Vázquez, e foi educada nun ambiente liberal e culto.
 
En 1896 aprobou a reválida na Escola Normal como profesora de primeiro ensino superior, gañando praza nas oposicións de 1902 como mestra co número un da súa promoción con vinte e un anos. Escolleu como destino a Escola Graduada Pública de Párvulos "Da Guarda", na súa cidade local. Dende 1911 exerceu como directora da escola, que converteu nun colexio modelo, sendo pioneira na renovación pedagóxica. Introduciu en [[Galicia]] os principios de [[Maria Montessori]]<ref>Josefina Aldecoa, Aurora Marco, Consuelo Flecha: ''Treinta retratos de maestras. De la Segunda república a nuestros días''. Ed. WK Educación, 2005. 207 pp. ISBN 84-7197-831-8</ref> e o seu [[Método Montessori|método]], baseado en fundamentos psicopedagóxicos de liberdade e autoactividade dos nenos nun ambiente que favoreza o seu desenvolvemento. Así mesmo, introduciu o método dos [[centros de interese]] desenvolvidos polo belga [[Ovide Decroly]], consistente en desenvolver un plan de estudo conforme cos intereses dos nenos en cada idade. Na memoria de actividades que redactou en 1932 recolleu o seu proxecto curricular e a súa metodoloxía educativa coa dotación de material do método Montessori que importou de [[Italia]] en 1915, coleccións de láminas didácticas, unha [[gramola]] para audicións musicais, unha biblioteca escolar e unha Biblioteca Popular Circulante, á que doou parte da súa colección bibliográfica.<ref name=":0">{{Cita libroHarvard sen parénteses|apelidos=Romero Masiá|nome=Ana|título=Maria Barbeito: Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970)|url=|ano=2014|editorial=Baía Edicións|isbn=9788499951423|editor=|lugar=A Coruña|páxinap=296}}</ref>
 
En 1933 obtivo por concurso de méritos o cargo de Inspectora Mestra dende o que creou un Plan de Lectura Global (1934) para as escolas da súa zona de inspección. En 1935 obtivo unha bolsa da Xunta de Ampliación de Estudios grazas a cal emprendeu unha viaxe por Europa xunto con outros dez docentes españois. Visitou institucións educativas de Francia, Bélxica, Países Baixos, Alemaña, Suíza e Italia nos que tomou contacto cos métodos pedagóxicos que se impartían en Europa.<ref>[[Josefina Aldecoa]], Aurora Marco, consuelo Flecha. 2005. ''Treinta retratos de maestras. De la Segunda república a nuestros días''. Ed. WK Educación. páx. 44. ISBN 84-7197-831-8 [http://books.google.com/books?id=pVV1AdFxuXMC&printsec=frontcover&hl=es&source=gbs_atb#v=onepage&q&f=false en liña].</ref> Tralo regreso escribiu como resumo da viaxe e das visitas realizadas ''Países y Escuelas'' ("Países e escolas"), en que realiza unha crítica das prácticas pedagóxicas observadas aprobando aspectos como a gratuidade e a obrigatoriedade das escolas públicas de Bélxica, ou o espírito democrático das escolas alemás baixo os plans da [[pedagoxía Waldorf]] de [[Rudolf Steiner]], ou o ambiente de escola activa de Milán impulsado por [[Giuseppina Pizzigoni]].
Liña 41:
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro |título= María Barbeito. Unha vida ao servizo da escola e dos escolares (1880-1970)|nome= Ana|apelidos= Romero Masiá|ligazónautor=Ana Romero Masiá|coautores= |ano= 2014|editor= Baía|localización= A Coruña|isbn= 978-84-9995-141-6|ref=Harv}}
* ''[[Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada]]''
* ''[[Dicionario biográfico de Galicia]]'', t. 1, p.&nbsp;91.