Lingua alemá: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 44:
O '''alemán'''<ref>{{DRAG|alemán}}</ref> (''Deutsch'', en alemán) é unha [[lingua]] [[linguas indoeuropeas|indoeuropea]] pertencente ao grupo das [[linguas xermánicas]] occidentais. É tamén a lingua que máis falantes nativos ten na [[Unión Europea]]. É a lingua máis falada e a lingua (co-) oficial de [[Alemaña]], [[Austria]], [[Suíza]], [[Tirol do Sur]] ([[Italia]]), a comunidade xermánica de [[Bélxica]] e [[Liechtenstein]]. É tamén unha das tres linguas oficiais de [[Luxemburgo]]. As linguas máis semellantes ó alemán son outros membros da póla de linguas xermánicas occidentais: o [[Lingua afrikaans|afrikaans]], o [[Lingua neerlandesa|neerlandés]], o [[Lingua inglesa|inglés]], o [[Lingua frisoa|frisón]], o [[Lingua baixo alemá|baixo alemán]], o [[Lingua luxemburguesa|luxemburgués]] e o [[Lingua yiddish|yiddish]]. O alemán é a segunda [[Linguas xermánicas|lingua xermánica]] máis falada, despois do inglés.
 
Unha das [[lingua mundial|meirandes linguas do mundo]], o alemán é a primeira lingua de arredor de 95&nbsp;millóns de persoas en todo o mundo e a lingua nativa máis falada da [[Unión Europea]].<ref name="Ammon, 2014" /><ref>{{cita novas |url=http://www.telegraph.co.uk/news/worldnews/europe/germany/10128380/German-should-be-a-working-language-of-EU-says-Merkels-party.html |título=German 'should be a working language of EU', says Merkel's party |data=18 de xuño de 2013 |editor=[[The Daily Telegraph]] }}</ref> O alemán tamén é a cuarta lingua máis estendida (excluíndo o inglés) nos Estados Unidos de América<ref name="MLA">[[Modern Language Association]], febreiro de 2015, [http://www.mla.org/pdf/2013_enrollment_survey.pdf Enrollments in Languages Other Than English in United States Institutions of Higher Education, Fall 2013]. Consultado o 7 de xullo de 2015.</ref> (despois do [[Lingua castelá|castelán]], o [[Lingua francesa|francés]] e a [[lingua de sinais americana]]) e a terceira da Unión Europea (despois do inglés e o francés; como segunda lingua),<ref>{{cita web |url=http://ec.europa.eu/eurostat/documents/2995521/7008563/3-24092015-AP-EN.pdf/bf8be07c-ff9d-406b-88f9-f98f5199fe5a |título=More than 80% of primary school pupils in the EU were studying a foreign language in 2013 |autor= Editorial |data=24 de setembro de 2015 |páxina-web= |editorial=Eurostat |dataacceso=3 de maio de 2016 |cita= |formato=PDF}}</ref> a segunda lingua máis común no eido científico<ref name="goethe1">{{cita web |título=Why Learn German? |url=https://www.goethe.de/en/spr/wdl.html |editorial=Goethe Institute |dataacceso=28 de setembro de 2014 }}</ref> así como a cuarta máis empregada nas páxinas web (despois do [[Lingua inglesa|inglés]], do [[Lingua rusa|ruso]] e do [[Lingua xaponesa|xaponés]]).<ref>{{cita web |url=http://w3techs.com/technologies/overview/content_language/all |título=Usage Statistics of Content Languages for Websites, March 2017 |editorial= }}</ref> Os países de fala alemá están clasificados no quinto posto en termos de publicacións anuais de libros publication, cunha décima parte de tódolos libros (incluíndo e-books) do mundo sendo publicados en lingua alemá.<ref name="sdsu">{{cita web |título=Why Learn German? |url=http://german.sdsu.edu/why_learn_german.html |editorial=SDSU – German Studies Department of European Studies |dataacceso=28 de setembro de 2014 }}</ref>
Aínda sobreviven certas comunidades xermanofalantes en zonas de [[Romanía]], a [[República Checa]], [[Hungría]] e sobre todo [[Rusia]], [[Casaquistán]] e [[Polonia]], aínda que os regresos masivos a Alemaña nos [[1990|90]] fixeron decrecer estas poboacións dun xeito significativo. Fóra de Europa, as maiores comunidades xermanofalantes atópanse nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], no [[Brasil]] e na [[Arxentina]], onde millóns de alemáns migraron durante os últimos 200 anos; con todo, a gran maioría dos seus descendentes non fala alemán. Ademais, poden atoparse comunidades xermanofalantes na antiga colonia alemá de [[Namibia]]. No sur de [[Chile]], hai unha pequena comunidade xermanoparlante, a Organización Alexander von Humboldt da cidade de México conta coa escola de ensino de alemán máis grande fóra de Alemaña, así como noutros países obxecto de emigración alemá como o [[Canadá]], [[Islandia]], [[Paraguai]], [[Bolivia]], o [[Perú]], [[Venezuela]], [[Tailandia]], [[Australia]] e [[Guatemala]].
 
O alemán é a lingua nai de ao redor de 100 millóns de persoas en Europa (en [[2004]]), o 13,3 % dos europeos, sendo o idioma máis falado de Europa excluída Rusia, por riba do francés (66,5 millóns de falantes en Europa en 2004) e o [[lingua inglesa|inglés]] (64,2 millóns de falantes en Europa en 2004). O alemán é o terceiro idioma máis ensinado como lingua estranxeira en todo o mundo, o segundo en Europa e o terceiro nos Estados Unidos (despois do [[lingua española|español]] e o francés). É un dos idiomas oficiais da Unión Europea, onde é o segundo idioma máis ensinado como lingua estranxeira.
 
== Situación actual ==