Franz Liszt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Moedagalega (conversa | contribucións)
*desenrolar > desenvolver.
Liña 68:
== O estilo ==
 
Ata 1830 Liszt non desenroladesenvolve un estilo propio. Conságrase enteiramente ó aspecto puramente técnico da música esperando impresionar ó público. As poucas obras que se conservan desa época (un esbozo dos ''Doce estudios transcendentes'' e a súa única ópera) non teñen máis interese que o de amosar como traballaba o compositor naquela época.
 
En [[1830]] produciuse un dobre cambio. Na forma Liszt vira cara ás novas técnicas dos compositores da súa xeración, sobre todo as de [[Thalberg]]. A máis coñecida é a de interpreta-la melodía cos polgares das mans mentres que os outros dedos acompañan en forma de [[arpexo]]. No fondo as obras deixan de ser exercicios de velocidade e adquiren progresivamente unha dimensión poética (visible nos primeiros esbozos de ''Années de pèlerinage''). Liszt, afirmándose a un tempo virtuoso e poeta, foi o obxectivo das críticas de puristas como [[Frédéric Chopin]] e dalgúns dos partidarios de [[Thalberg]]. O compositor e crítico belga [[François-Joseph Fétis]] escribiu na Gazette Musicale do 30 abril de 1837 "Vostede é o home transcendente da escola que acaba e que non ten máis que facer, pero non o home dunha nova escola. Thalberg é ese home: esa é toda a diferenza entre vostedes". A fuxida a [[Suíza]] e a [[Italia}} será para Liszt a ocasión de profundizar na súa arte e de desenvolver novas potencialidades. Así, mentres Thalberg non evolucionou a súa técnica, integrou numerosas innovacións o que fará que a súa superioridade pianística sexa recoñecida paulatinamente. A peza mestra do seu repertorio virtuoso era a transcrición de "Robert le Diable" de Meyerbeer. A súa técnica acadou un nivel que lle permitiu durante unha representación en [[Kiev]] improvisar a parte final do concerto sobre temas escollidos polo público. Á vertente virtuosa engade sensibilidade poética na interpretación de ''Au bord d'une source'' en Viena.