Dereitos humanos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Positivación dos dereitos humanos: Declaración de Independencia dos Estados Unidos de AméricaDeclaración de Independencia dos Estados Unidos de América
Moedagalega (conversa | contribucións)
*desenrolar > desenvolver.
Liña 38:
 
=== Conformación do concepto ===
O primeiro uso constatado da expresión "dereitos do home" (''iura hominum'') produciuse nun texto de [[Volmerus]] escrito en [[1537]] e titulado ''Historia diplomática rerum ataviarum'', mentres que a idea do [[dereito subxectivo]], básica para concibir os dereitos humanos, se desenroladesenvolve ao longo da Idade Moderna. Así, entre os seus antecedentes máis próximos é posible destacar a enunciación de ''dereitos naturais'' por parte da [[Escola de Salamanca]], na [[España]] do [[século XVI]]. Os seus membros aludiron tanto a dereitos relativos ao corpo (dereito á [[vida]], á [[propiedade]]) como ao espírito (dereito á liberdade de pensamento, á dignidade). Na [[Colonización española en América|colonización castelán de América]], adóitase afirmar, se aplicaron medidas nas que están presentes os xermes da idea de dereitos humanos. Porén, algúns critican que, na práctica, estas medidas foron formuladas para lograr obxectivos colonizadores.
 
Durante a [[Revolución inglesa]], a burguesía conseguiu satisfacer as súas esixencias de ter algunha clase de seguridade contra os abusos da coroa e limitou o poder dos reis sobre os seus súbditos. Proclamando a Lei de ''[[Habeas corpus]]'' en [[1679]], en [[1689]] o Parlamento impuxo a [[Guillerme III de Inglaterra]] no ''[[Bill of Rights]]'' unha serie de principios sobre os cales os monarcas non podían lexislar ou decidir. Pechouse así o paso á restauración da monarquía absoluta, que se baseaba na pretensión da coroa inglesa de que o seu dereito era de designio divino. A orixe divina da monarquía xa fora criticada por [[Francisco Suárez]], da Escola de Salamanca, na súa obra ''Defensio Fidei Catholicae adversus Anglicanae sectae errores'' de [[1613]].