Peto negro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bibliografía: Arranxos varios
m Bot: Substitución automática de texto (-desenrolo +desenvolvemento); cambios estética
Liña 30:
 
=== Voz e sons ===
Os petos negros son aves ruidosas, aínda que as diferenzas de actividade sonora entre os diferentes exemplares son significativas. Os dous sons vocais máis habituais son un berro que emiten cando voan e unha especie de queixume que usan habitualmente para marca-lo territorio ou indicar a súa presenza. Ámbolos dous berros poden escoitarse durante todo o ano coa excepción da época final da incubación e durante a cría dos polos e óense ata case un quilómetro de distancia, ou máis se as condicións climáticas son boas. O berro territorial utilízano tamén cando se senten molestados, e, cando están moi excitados, repíteno en intervalos de poucos segundos. Variacións do mesmo son emitidas en situacións de conflito e unha estrofa especial, alta e de son metálico, que serve para a atracción sexual e a marca territorial déixase oír só na época reprodutora. Ademais destes sons, ámbolos dous sexos dispoñen dunha serie de berros baixos, algúns deles guturais, que emiten en momentos de gran excitación sexual.
O ruído que producen cando petan co bico na madeira serve tamén para as funcións de marcaxe do territorio e de establecer e reafirmar as relacións. O batido ten unha frecuencia aproximada de 17 golpes por segundo en series de ata 60 golpes. Estes sons son producidos polos dous sexos, por ben que as femias os producen máis ó raro e en series máis curtas e lentas.
[http://www.spechte-online.de/content/wissen/themen/spechtsprache.html#7 Exemplo de sons producidos polo peto negro.]
 
Liña 45:
== Hábitat ==
Son aves moi adaptables, o que lles permite criar con éxito en hábitats moi variados. Se cadra o lugar ideal para a especie son os bosques submontanos [[Centroeuropa|centroeuropeos]]. de [[faia]]s con algúns [[abeto]]s espallados. Nestes e nos bosques mixtos de [[piñeiro]] e carballo danse as concentracións meirandes de exemplares.<ref>HBV (1994) Bd. 9. S. 975</ref> Densidades menores atópense en case calquera tipo de bosque, sempre que haxa unha certa cantidade de [[conífera]]s, e de árbores altas, illadas e de casca lisa, que lles faciliten a perforación de niños e refuxios, así como unha cantidade suficiente de alimentos. O biótopo axeitado debe ofrecer tamén árbores mortas ou caídas, pero adáptanse tamén a vivir en plantacións de árbores. A miúdo crían en áreas de pouco tamaño e moi fragmentadas, pero gústanlles tamén os bosques grandes. Se son tolerados poden vivir preto de zonas habitadas, ocasionalmente mesmo en parques.
A estrutura exacta e a idade dos bosques non parecen ter unha importancia decisiva á hora de escoller un territorio: en [[Noruega]] en a zona da [[taiga]] prefiren os bosques de [[pícea]]s e [[álamo]]s, a miúdo nas beiras de ríos ou de claros. No Báltico son habitantes de piñeirais mestos e en [[Hungría]], España e Francia viven en bosque mixtos de faias nos que haxa algunhas coníferas.<ref>Gorman (2004) p. 84f</ref> En Francia aparecen mesmo en bosques caducifolios puros.
As densidades de poboación son moi variables. En condicións óptimas os territorios poden ter menos de 100 [[hectárea]]s. Así, nos bosques caducifolios case naturais de [[Spreewald]], no [[Land]] alemán de [[Brandeburgo]], contáronse 1,3 territorios por cada 100 Ha.<ref>Thomas Noah: ''Siedlungsdichte, Habitat und Bestandsentwicklung der Spechte im NSG "Innerer Unterspreewald".'' Otis 8, 2000: S. 75-98</ref> En xeral, porén, os territorios son moito máis grandes, dunhas 400 Ha. de media na Europa central e de ata máis de 1000 en áreas menos xeitosas.
 
Liña 64:
== Conduta ==
=== Actividade, descanso e desprazamentos ===
Coma tódolos petos son aves diúrnas. As súas horas activas coinciden en xeral coas horas de sol. As femias adoitan comezar a xornada activa algo máis tarde cós machos. As horas de máis actividades concéntranse nas primeiras horas da mañá e últimas de tarde. Entre estes momentos fan, fora da época reprodutora, unha pausa longa para descansar. Aproveitan tamén as primeiras horas da maña tamén para as actividades de cortexo e sexuais e para as fases máis intensas de construción ou adaptación dos furados para face-lo niño. Os petos negros dormen nos mesmos ocos que utilizan para poñe-los ovos na época de cría, buratos que utilizan mesmo polo día se o clima é desfavorable.
Malia o aspecto aparentemente pesado do seu voo, son voadores hábiles, rápidos e resistentes, que ousan sobrevoar extensións amplas de auga, como proba a súa presenza en moitas illas do [[Báltico]]. O voo é máis axiña recto, describindo un arco só cando se achegan no punto de destino. O ruído das alas pode escoitarse, sobre todo cando fan xiros, ata a 30 metros de distancia<ref>HBV (1994) S. 980</ref> O seu tamaño non lles quita de ser hábiles dabondo como para fuxir facendo cambios bruscos de dirección de inimigos que os ataquen no aire.<ref>HBV (1994) Bd. 9. 980</ref>
 
Liña 88:
Fan unha posta ó ano. En Centroeuropa o momento máis intenso da cría é a mediados de abril, pero as molestias causadas mentres están no niño fan que se poidan atrasa-la posta que se poidan atopar niños con ovos a primeiros de xuño. A perda de ovos ou niños pode dar lugar a unha posta de substitución, en xeral máis pequena, polo que mesmo en agosto poden verse en ocasións adultos embicadando ós fillos.<ref name="Hölzinger 2001 Bd. 2.3 S. 422">Hölzinger (2001) Bd. 2.3 S. 422</ref>
 
Poñen entre 2 e 6 ovos de aspecto de porcelana e cor branca, que miden de media 35 × 26&nbsp;mm. e pesa nuns 13 gramos. Os ovos son sorprendentemente pequenos sen relación ó tamaño da ave.Entre a posta de cada un dos ovos pasa un día, dous como moito es ó comeza na chocar cando aposta está completa. Os polos rompe na casca con bastante separación ( de un a tres días) uns dos outros, o que provoca diferenzas de desenrolodesenvolvemento evidentes. A incubación dura uns 13 días, roldándose os dous sexos, aínda que os machos adoitan ocuparse das horas nocturnas. Durante os primeiros oito días de vida os pitiños son alimentados constantemente a intervalos curtos, principalmente con formigas e larvas de formiga. A partir dos 17 días de vida os polos saen á boca do niño para recibi-la comida. O tempo de estanza no niño é variable e vai dos 25 ós 31 días.<ref>Hölzinger (2001) Bd. 2.3 S. 421</ref> Cando comezan a voar os polos a familia divídese habitualmente en dous grupos, cada un ó cargo dun adulto. Os petos negros novos pasan aínda un período de, en xeral, catro ou cinco semanas cos adultos..Sábese pouco das relacións entre as dúas partes da familia nesa época. Os petos negros teñen taxas altas de éxito reprodutor, con perdas que se sitúan segundo varios estudios por debaixo do 15%.<ref name="Hölzinger 2001 Bd. 2.3 S. 422"/>
A separación das familias non causa habitualmente grandes desprazamentos, pero en ocasións algúns petos xoves fan viaxes de máis de 100&nbsp;km.
 
Liña 122:
* Urs N. Glutz von Blotzheim (Hrsg.): ''[[Handbuch der Vögel Mitteleuropas]]''. Bearbeitet u.&nbsp;a. von Kurt M. Bauer und Urs N. Glutz von Blotzheim. Aula-Verlag, Wiesbaden. ''Band 9. [[Taubenvögel|Columbiformes]] – [[Spechtvögel|Piciformes]]''. 2., durchgesehene Auflage 1994 ISBN 3-89104-562-X S. 917–942 (HBV)
* Gerard Gorman: ''Woodpeckers of Europe. A Study to European Picidae.'' Bruce Coleman, Chalfont 2004. S. 81–94; S. 44; 37;. ISBN 1-872842-05-4
* [http://www.deutschewildtierstiftung.de/_downloads/projekte/DerSchwarzspecht.pdf?PHPSESSID=b03709f9dcef4287e79441824ba53191 Volker Günther: ''Der Schwarzspecht''. Erarbeitung des aktuellen Wissensstandes zum Schwarzspecht Dryocopus martius – auf der Grundlage eines umfassenden Literaturstudiums, unter besonderer Berücksichtigung der Eignung des Schwarzspechtes als “Bioindikator” zur Beurteilung der Naturnähe eines Waldes.]
* Jochen Hölzinger und Ulrich Mahler: ''Die Vögel Baden-Württembergs. Nicht-Singvögel 3''. Ulmer, Stuttgart 2001. ISBN 3-8001-3908-1. S. 420–447
* Josep del Hoyo ''et al.'': ''Handbook of the Birds of the World'', Band 7 (''Jacamars to Woodpeckers''). Lynx Edicions, 2002, ISBN 84-87334-37-7 (HBW)
* Gilberto Pasinelli: ''Population biology of European woodpecker species: a review.'' In: Ann. Zool. Fennici 43: S. 96–111; ISSN0003WEITER455XNSSI. [http://www.sekj.org/PDF/anz43-free/anz43-096.pdf Der Aufsatz als pdf (en)]
* Peter Südbeck ''et al.'': ''Methodenstandards zur Erfassung der Brutvögel Deutschlands''. Radolfzell 2005 ISBN 3-00-015261-X
* Viktor Wember: ''Die Namen der Vögel Europas''. Bedeutung der deutschen und wissenschaftlichen Namen. AULA-Verlag Wiebelsheim 2005. ISBN 3-89104-678-2
* Hans Winkler, David Christie und David Nurney: ''Woodpeckers. A Guide to Woodpeckers, Piculets and Wrynecks of the World.'' Pica Press, Robertsbridge 1995. ISBN 0-395-72043-5