Ruby: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
→‎Semántica: Corrector
Moedagalega (conversa | contribucións)
*desenrolo > desenvolvemento.
Liña 69:
Unha das diferenzas de Ruby comparado con Python e Perl é que Ruby fai as variables de instancia totalmente privadas á clase e só as mostra a través de métodos accesores (attr_writer, attr_reader etc).
 
Fronte ós métodos "getter" e "setter" de outras linguaxes como C++ ou Java, os métodos de acceso en Ruby poden ser escritos nunha soa liña de código. Como a invocación destes métodos non require o emprego de parénteses isto fai trivial os cambios nas variables de instancia nunha clase completa, modificando unha única liña de código e sen ter que facer unha refactorización para ter outra funcionalidade, isto é similar ás propiedades dos membros en C# e VB.NET. Os descritores de propiedades en Python son similares, pero traen un proceso de desenrolodesenvolvemento. Se un comeza en Python a empregar variables de instancia expostas publicamente, o código interno da clase pode precisar o axuste para empregar unha variable de privada fronte a unha propiedade pública, Ruby elimina esta decisión de deseño forzando a tódalas variables de instancia a ser privadas, pero tamén proporciona unha forma simple de declarar métodos de set e get. Isto mantén nunha idea de que en Ruby, un nunca accederá directamente ós valores internos dos membros da clase dende fóra dela. Polo tanto terá que a pasar unha mensaxe á clase e recibir unha resposta.
 
A distribución oficial de Ruby inclúe "irb"(Interactive Ruby Shell), un intérprete interactivo de liña de comandos que pode ser empregado para probar código de maneira rápida. O seguinte fragmento de código representa unha mostra dunha sesión empregando irb: