Chipre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: arranxiño
Liña 69:
Os [[Asiria|asirios]] invadiron a illa no ano [[-800|800 a.C.]], até que o faraón Amasis II a reconquistou no ano [[-600|600 a.C.]], para daquela ser substituído polos [[Imperio Persa|persas]] tras a conquista de Exipto por parte destes. [[Salamina, Chipre|Salamina]], a máis poderosa das distintas cidades-reino de Chipre nesa época rebelouse contra o dominio persa no ano [[-499|499 a.C.]], baixo o Rei Onisilos. con todo, tanto esta rebelión como os consecuentes intentos gregos de liberar Chipre fracasaron, entre eles os do Rei Evágoras de Salamina, no ano [[-345|345 a.C.]] No entanto, no ano [[-331|331 a.C.]] [[Alexandre o Grande]] conquistou Chipre dos persas volvendo ao mundo helénico, logo axudándolle a conquistar Fenicia. Trala morte de [[Alexandre Magno]], Chipre foi obxecto das rivalidades entre os xenerais que lle sucederon debido á súa riqueza e estratéxica situación, caendo finalmente baixo o dominio dos [[Dinastía tolemaica|tolomeos]] de Exipto. O [[Imperio Romano]], finalmente, apoderouse da illa no ano [[-57|57 a.C.]]
 
A partir do ano [[45]] da Era Cristiá, os predicadores [[Paulo de Tarso|San Paulo]] e San Bernabé introduciron o [[cristianismo]] na illa e Chipre foi o primeiro país do mundo gobernado por un cristián. Trala caída de Roma, Chipre pasou pola dominación [[Imperio bizantino|bizantina]] e [[Historia do islam|árabe]]. En [[1192]] foi conquistada polos [[CruzadaCruzadas|cruzados]] ao mando de [[Ricardo I de Inglaterra|Ricardo I Corazón de León]], que se coroou como Rei de Chipre. A [[República de Venecia]] exerceu o seu dominio sobre Chipre desde [[1489]], até a invasión [[Imperio Otomán|turca otomá]] en [[1570]]. Tralo Congreso de Berlín, Chipre pasou a administración [[Reino Unido|británica]] o [[12 de xullo]] de [[1878]], sendo convertida oficialmente en colonia en [[1914]], co inicio da [[Primeira Guerra Mundial]].
 
En [[1931]] comezan as primeiras revoltas a favor da ''enosis'' (unión de Chipre con [[Grecia]]). Trala fin da [[Segunda Guerra Mundial]], os greco-chipriotas aumentan a presión pola fin do dominio británico. O Arcebispo Makarios lidera a campaña pola ''enosis'' e é deportado ás [[Seychelles]] en [[1956]] tras unha serie de atentados na illa. En [[1960]], [[Turquía]], [[Grecia]] e o [[Reino Unido]], xunto ás comunidades turco-chipriota e greco-chipriota, asinan un tratado que declara a independencia da illa e a posesión británica das bases de [[Akrotiri e Dhekelia]]. Así pois Makarios asume a Presidencia, indicando a constitución indica que os turco-chipriotas estarán a cargo da vicepresidencia e terán poder de veto. Esa peculiar Constitución que lle foi imposta dificultou o funcionamento de Estado e as relacións entre greco e turco-chipriotas fixéronse tensas, desembocando nas explosións de violencia intercomunitaria de [[1963]] e [[1967]].