Navarra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxo ligazón externa
Liña 137:
== Lingua ==
[[Ficheiro:Navarra - Mapa densidad euskera 2001.svg|miniatura|Porcentaxe de persoas que falan ben o euskera (2001).]]
Navarra ten dúas linguas propias e oficiais: o [[lingua castelá|castelán]] e o [[lingua éuscara|éuscaro]]. O castelán é oficial en toda a comunidade foral mentres que o éuscaro só é oficial nas zonas que a [[Lei foral do éuscaro]] especifica. O éuscaro fálase na zona centro e norte do territorio, sendo a lingua materna dunha maioría da poboación no norte e extremo noroeste. No conxunto de Navarra, o castelán é a lingua materna do 88,9% da poboación, o éuscaro do 7,0%, o 2,1% ten ambas as linguas como maternas e o 2,1% restante ten outra lingua como lingua materna.<ref>[http://www.cfnavarra.es/estadistica/confindex.asp?i=Informaci%F3n%2BEstad%EDstica&p=ie/indice2.asp?qry=01&d=ie/idx_izq.asp?qry=01 Instituto de Estatística de Navarra. Censo de poboación 2001]</ref> Actualmente aumenta o número de persoas que coñecen o éuscaro en Navarra.<ref>[http://www.noticiasdenavarra.com/ediciones/2008/10/08/sociedad/navarra/d08nav11.1382923.php O 38% dos novos alumnos que chegan á UPNA desde Bacharelato saben éuscaro]</ref>
<ref>[http://www.noticiasdenavarra.com/ediciones/2008/10/08/sociedad/navarra/d08nav11.1382923.php O 38% dos novos alumnos que chegan á UPNA desde Bacharelato saben éuscaro]</ref>
 
Historicamente faláronse tamén outras linguas, desaparecidas na actualidade, como o romance navarro ou [[navarro-aragonés]], xurdido nos cursos medio e baixo dos ríos Ega, Arga, Aragón e Ebro ao seu paso polo reino e que se converteu no século XIII na lingua de expresión escrita da Corte e a administración reais, alcanzando en 1329 o status de lingua oficial do reino<ref>Ricardo Cierbide, ''[http://dialnet.unirioja.es/servlet/fichero_articulo?codigo=16134 Notas gráfico-fonéticas sobre a documentación medieval navarra]''</ref> e sendo posteriormente absorbida polo castelán durante o século XVI.<ref>Ricardo Cierbide, ''[http://e-spacio.uned.es/fez/eserv.php?pid=bibliuned:19887&dsID=Euskal_Herria._Lugar_de_Encuentro_de_Lenguas_y_Culturas.pdf Euskal Herria. Lugar de Encuentro de Lenguas y Culturas]''</ref> Tamén, minoritariamente, o [[lingua occitana|occitano]], [[lingua francesa|francés]], [[lingua hebrea|hebreo]] e [[lingua árabe|árabe]].