Kenya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
arranxo ligazón externa
Liña 47:
| notas=
}}
'''Kenya'''<ref name=RAG>{{DRAG|kenyano}}</ref> ou '''Quenia''',<ref>{{cita libro |url=http://anlkit.uvigoconsellodacultura.esgal/UserFilesweb/Fileuploads/manuaisadxuntos/Lingua_galegaarquivo/52de6c496a39c-lingua_galega._Dubidas_linguisticas_dubidas_linguisticas.pdf |páxina=118 |isbn=84-8158-266-2 |título=Lingua galega: dúbidas lingüísticas |editorial=Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo |autores=Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura}}</ref> oficialmente '''República de Kenya''', é un país da [[África Oriental]] e membro fundador da [[Comunidade Africana Oriental]] (CAO). A súa capital e meirande cidade é [[Nairobi]]. O territorio de Kenya atópase no [[ecuador terrestre|ecuador]] e superponse ó [[Rift de África Oriental]] cubrindo un extenso e diverso terreo que abrangue dende o [[lago Vitoria]] até o [[lago Turkana]] (antigamente chamado [[lago Rudolph]]) e cara ao sueste co [[Océano Índico]]. Ten fronteira con [[Tanzania]] polo sur, con [[Uganda]] polo oeste, con [[Sudán do Sur]] polo noroeste, con [[Etiopía]] polo norte e con [[Somalia]] polo nordés. Kenya abrangue 581&nbsp;309 km2, e no 2014 tiña unha poboación aproximada de 45 millóns de persoas.<ref name=cia>{{cita web |autor=Central Intelligence Agency |editor=[[The World Factbook]]|título=Kenya |url=https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/ke.html |ano=2012|dataacceso=28 de maio de 2013}}</ref>
 
Kenya ten un clima cálido, húmido e tropical na liña costeira do [[Océano Índico]]. O clima é máis frío nas [[sabana]]s arredor da capital, Nairobi, e especialmente preto do [[Monte Kenya]], que ten neve de forma permanente no seu cumio. Máis no interior, na provincia de [[Provincia de Nyanza|Nyanza]], hai un clima quente e seco que se converte en húmido arredor do [[Lago Vitoria]], o meirande lago tropical de auga doce do mundo. O lago dá paso ás zonas montañosas temperadas e boscosas da veciña rexión occidental. As rexións do nordés na fronteira con Somalia e Etiopía son áreas áridas e semiáridas case [[deserto|desérticas]]. Kenya é tradicionalmente famoso polos seus [[safari (expedición)|safaris]], o clima e a xeografía diversos e polas súas grandes reservas e parques nacionais, como [[Parque Nacional de Tsavo Leste]] e [[Parque Nacional Tsavo Oeste|Oeste]], o [[Maasai Mara]], o [[lago Nakuru]] e o [[Parque Nacional de Aberdare]]. Kenya ten varios lugares [[Patrimonio da Humanidade]] como a cidade de [[Lamu]] e varias praias famosas como [[Diani]], [[Bamburi]] e [[Kilifi]], onde se celebran cada ano competicións internacionais de vela.